Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
“Somos inclusión” un é catálogo web de propostas artísticas que desenvolven entidades galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades. O grupo de teatro de Sarela forma parte dos 33 proxectos iniciais que engloba o teatro, a música, a danza, as artes plásticas ou visuais e moitas outras.
Sarela celebrou o venres a súa asemblea anual de socias e socios na que tamén foron aprobadas as memorias económicas e de actividades de 2020.
Este venres celebrarase as persoas socias de Sarela están convocadas a asemblea xeral ordinaria de 2021 e unha asemblea extraordinaria. En semanas anteriores enviáronse ambas convocatorias así como as indicacións para a consulta de documentación e as instrucións para poder seguilas a distancia. Para calquera dúbida ou comunicar o desexo de asistir presencialmente podes contactar co noso centro no teléfono 981 577 037 ou no correo electrónico sarela@sarela.org.
O movemento asociativo considera que é imprescindible incluír ás persoas con DCA e ás persoas coidadoras entre os grupos de poboación prioritarios nos plans de vacinación. A variedade de secuelas, a existencia de pluripatoloxías asociadas, o autoconfinamento ao que se someten moitas persoas e familias polo medo ao contaxio son só algunhas das razóns que nos levan a solicitar unha vez máis unha medida que consideramos de xustiza.
Reproducimos o Manifesto feminista das Mulleres con Discapacidade publicado pola Fundación Cermi Mujeres con motivo do Día Internacional da Muller. Tamén podes lelo en versión de lectura fácil e acceder a el en lingua de signos.
A entidade toma esta decisión ante os atrasos continuados e falta de concreción sobre a súa inmunización cando paralelamente a administración competente fai anuncios relativos á vacinación de novos grupos de poboación. O equipo de Sarela tamén segue sen vacinar.