Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 33.000 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2022”. A resolución foi publicada no BOP do 26 de maio. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
Coa colaboración de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e do CEADAC (Centro de referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral), o Instituto Universitaria de Integración na Comunidade da Universidade de Salamanca está a desenvolver este proxecto que ten como obxectivo crear unha escala de calidade de vida das familias das persoas con DCA.
A Concellaría de Políticas Sociais subvencionará dúas actividades para persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica: a realización de terapia acuática na piscina accesible de Sarela e unha nova actividade lúdica de balneario. A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou este convenio por valor de 3.000 euros na súa sesión de 16 de maio.
Está destinado a informar, aconsellar e apoiar á súa base social naquelas cuestións xurídicas relacionadas coa chegada do dano cerebral adquirido ás súas vidas, con toda a complexidade de aspectos que implica esta discapacidade.
Ao longo do mes de maio, a Federación Española de Dano Cerebral e as súas entidades membro lanzaremos nas nosas redes sociais pequenos vídeos que teñen como obxectivo dar resposta a varias cuestións que as persoas con Dano Cerebral e as súas familias teñen frecuentemente en canto ao cumprimento e defensa dos seus dereitos.
Con motivo desta conmemoración representantes de Cermi-Galicia foron recibidos no Parlamento de Galicia polo seu presidente e unha representación dos tres grupos parlamentarios. No recepción fixeron entrega do manifesto que o Cermi Estatal publicou hoxe e que se centra nos menores con discapacidade co título "“Nenas e nenos con discapacidade, inclusión desde o principio”.
O Dano Cerebral ten un gran impacto na persoa con Dano Cerebral e tamén en toda a familia, e dentro dela na persoa que asume o rol de coidadora principal. Por iso é tan importante o traballo específico con elas e os Grupos de apoio para familias son un elemento fundamental pois neles créase un espazo propio onde compartir vivencias, dúbidas, inquedanzas, información etc.
Desde hoxe e ata o 2 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas individuais do Concello de Santiago para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. Cobren os gastos realizados desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022. As persoas solicitantes deben estar empadroados e residir en Santiago.