Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Esta semana retomamos no Colexio Vilas Alborada de Santiago as charlas de sensibilización sobre Dano Cerebral destinadas e nenos e nenas e que desenvolvemos nos centros de primaria e secundaria. Este obradoiro busca, a través do xogo e a participación, explicar as claves do DCA (causas, secuelas, consellos de prevención, etc) e desenvolver habilidades e estratexias de comprensión desta discapacidade e da diversidade.
Doce atletas de Tokio 2020 posaron con persoas con dano cerebral, entre elas a socia de Sarela Montse Terceiro (na imaxe xunto a Álex Sánchez, bronce en tríatlon paralímpico). O calendario está a venda a través de Amazon a un prezo de 10 euros e a recadación irá destinada a proxectos da Federación Española de Dano Cerebral.
Sarela regresa aos concellos da Área sanitaria de Compostela e Barbanza coas charlas dirixidas á poboación xeral e nas que se tratan temas como as causas do DCA como o ICTUS, pautas de prevención, recomendacións de coidados, explicación dos servizos de Sarela, dereitos etc. Son impartidas por profesionais dos servizos especializados de Sarela.
Todas as persoas que formamos Sarela, persoas socias, xunta directiva, profesionais e persoas voluntarias, queremos desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada de ano. Con motivo destas celebracións, o centro de Sarela estará pechado desde o día 24 de decembro até o 9 de xaneiro, ambos incluídos. O luns 10 de xaneiro os servizos retomarán a súa actividade con normalidade.
Hoxe, 3 de decembro, preto de 90 entidades sociais galegas unímons baixo o mesmo paraugas para celebrar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. As persoas usuarias dos nosos servizos participaron na súa difusión e achegando ideas para o manifesto que o conxunto de entidades elaboramos e que podes ler a continuación.
Hoxe presentouse a iniciativa de OCA Hotels na que participaron Lalo Crespo, director do Oca Puerta del Camino, e Luciano Fernández, secretario de Sarela. As luces do Nadal acenderanse no hotel o 2 de decembro, a partir das 18:00 horas. Haberá animación infantil, música e chocolate con churros. O donativo de 4€ será entregado integramente a Sarela.
O venres 3 de decembro 87 entidades entidades sociais de toda Galicia conmemoran un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade” para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.
No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Sarela súmase ao manifesto da Fundación Cermi Mujeres que reivindica o dereito das mulleres e nenas con discapacidade a unha vida libre de violencias.