Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O movemento asociativo do Dano Cerebral Adquirido inicia un proceso de reflexión estratéxica. A Fundación ONCE apoia o proceso de elaboración do plan aportando a súa experiencia en Consultoría e Desenvolvemento Organizativo.
No boletín de CERMI entrevistan a Luciano Fernández, novo presidente de FEDACE e membro da directiva de Sarela. É unha entrevista extensa na que Luciano fala do valor do movemento asociativo en torno ao dano cerebral, dos novos retos, das obrigas da administración coas persoas e familias que conviven co dca ou da dificultade de trasladar á sociedade as súas necesidades e demandas.
Representantes das asociacións membro da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) reuníronse o pasado sábado para celebrar a súa asemblea anual e na que Luciano Fernández, actual secretario de Sarela e representante da asociación nese encontro, foi elixido novo presidente da federación.
Nos últimos trinta anos mudaron as causas e o a idade das persoas con dano cerebral adquirido
Os avances acadados co 0,7 % do IRPF de interese social está en risco de desaparición tras as recentes sentenzas
Espacio DCA é un lugar de intercambio e comunicación con outras persoas con dano cerebral adquirido que tamén está aberto ás familias.
O proxecto desenvolve a app Mefacilyta con casos de uso que sexan referencia para o maior número posible de persoas con discapacidade