Noticias

  • Esta mañá, con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral, Sarela organizou unha marcha en Santiago para dar visibilidade ao colectivo. Persoas con DCA, familiares, representantes dos grupos municipais e veciños/as de Santiago participaron na marcha que rematou na Praza do Obradoiro onde persoas con dano cerebral e familiares leron o manifesto reivindicativo.

    Ler máis
  • Cinco son as reclamacións que o movemento asociativo fai no manifesto do Día do Dano Cerebral: coñecer a dimensión desta discapacidade facendo un censo; crear a categoría diagnóstica "DCA" para dispor de recursos especializados de atención ao saír do hospital; pór en marcha unha estratexia nacional de atención; incluír á familia como parte substancial da atención e, por último, prestar atención especial ao DCA infantil e ás persoas con trastorno de conduta e ás que teñen DCA severo.

    Ler máis
  • Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias nesta situación, son algúns dos obxectivos que ten o ciclo de charlas que, durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, desenvolverá Sarela en 17 centros socioculturais da cidade, barrios e parroquias de Santiago.

    Ler máis
  • Sarela e o resto de entidades do movemento asociativo do DCA celebran, un ano máis, o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral e, a semana seguinte, o 29 o Día do Ictus. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.

    Ler máis
  • A institución fixo público un estudo monográfico que analiza a situación da infancia e da adolescencia. Sarela participou, representada pola sús direcotora Rocío García (psicóloga-neuropsicóloga) nas reunións para a elaboración do mesmo.

    Ler máis
  • Segundo o estudo “A situación das mulleres con dano cerebral adquirido en España”, da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), que está financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e que forma parte do Observatorio de Dano Cerebral de FEDACE.

    Ler máis
  • Jon Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2.723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.

    Ler máis
  • Manuel Martínez (organizador), Concha Ferández (vicepresidenta de Sarela), Manuel Ruiz (alcalde de Ribeira), Manuel Martínez "O Nacho" (organizador), Guillermo Díez e Cristina Calviño (nadadores)

    Hoxe presentouse na casa do Concello de Ribeira a terceira edición deste reto de natación en augas abertas e que grazas á iniciativa de Manuel Martínez “O Nacho” busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido. O reto será o vindeiro 27 de xullo e os/as 40 nadadores/as inscritos deberán completar a distancia que separa O Grove de Ribeira.

    Ler máis

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información