• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

Noticias

Está vostede a visualizar 12 noticias na categoría Artigo

É posible rehabilitar desde o modelo de Calidade de Vida?

É posible rehabilitar desde o modelo de Calidade de Vida?
No IV Congreso Nacional de DCA organizado recentemente por FEDACE tres das nosas profesionais presentaron un póster co título “É posible rehabilitar desde o modelo de calidade de vida?”. As terapeutas ocupacionais Ana Ruiz e Majo Hermida e a psicóloga Junquera Novo falaron da necesidade de abordar o tratamento dunha persoa con DCA establecendo obxectivos en base ás dimensións de calidade de vida. Neste artigo fan un resumo da súa exposición.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos

Manexo do estrés en persoas coidadoras

Manexo do estrés en persoas coidadoras
Diferenzas entre ansiedade e estrés. A relación entre este e a aparición de enfermidades. Os síntomas para detectalo e o caso concreto das persoas coidadoras. Recomendacións para previlo e técnicas para manexalo. Este é parte do contido do artigo de Junquera Nova e Noelia Ouro, psicólogas en Sarela, sobre o estrés co foco dos coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido.
Categorías: Sarela , Artigo

Comunicar o Dano Cerebral Adquirido: María Teresa Campos vs Alan Shearer

Comunicar o Dano Cerebral Adquirido: María Teresa Campos vs Alan Shearer
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Xulio Abollo (responsable de comunicación en Sarela) reflexiona sobre a necesidade de dar a coñecer o dano cerebral adquirido en toda a súa complexidade.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos

Unha gran familia sen parentesco

Unha gran familia sen parentesco
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Álvaro Suárez, Fátima Cabanas, Noelia Rosende e Susana Quintáns, que forman o grupo de auxiliares no noso centro, explícannos cales son as súas funcións no día a día.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos

Fisioterapia no DCA: por qué non funcionan os protocolos?

Fisioterapia no DCA: por qué non funcionan os protocolos?
Neste artigo Laura Martínez e Emily dos Santos, fisioterapeutas en Sarela, fálannos de cómo enfocan elas o traballo con persoas con DCA e dos condicionantes que atopan nunhas persoas que poden ter asociadas alteracións cognitivas, funcionais ou de linguaxe que van influír na recuperación.
Categorías: Sarela , Artigo

A aportación do traballo social á atención do DCA

A aportación do traballo social á atención do DCA
O DCA, ademais da ruptura do ciclo vital, pode traer consigo a desestruturación da familia, perda de relacións sociais, falta de recoñecemento social e familiar da persoa coidadora, precariedade económica, afrontar aspectos xurídicos e legais, entre outras consecuencias. Neste artigo as nosas traballadoras sociais Eugenia Veloso e Olalla Domínguez falan da súa responsabilidade á hora de cubrir estas necesidades.Con el continuamos a serie que estamos a publicar por especialidades.
Categorías: Sarela , Artigo

Ludópata, podóloga, profesora ... non. Logopeda

Ludópata, podóloga, profesora ... non. Logopeda
“Imaxinade que un día calquera de vós espertades nunha habitación descoñecida, rodeados dos vosos seres queridos e sen entender nada do que pasa ao redor. Intentas preguntar e ves que non podes dicir nada, diríxense a ti e non entendes, parece que che falan noutro idioma”. Así comeza o artigo que Ruth González e Vanessa Mantiñán, as nosas logopedas, que continúan coa serie de artigos que por especialidades estamos a publicar.
Categorías: Sarela , Artigo

O valor do empoderamento

O valor do empoderamento
Quinto artigo da serie que estamos a publicar por especialidades. As nosas educadoras socias fálannos de importancia de que as persoas con dano cerebral tomen conciencia dos seus dereitos, capacidades e intereses e comecen a defendelos, a decidir sobre a súa vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións. Tamén afrontan o papel da familia, que deben asumir e axudar a que esa persoa encontre o equilibrio entre o que era e o que é.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos, Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar