• XSolidaria 2021 png

Noticias

O servizo de voluntariado de Sarela busca a colaboración a distancia

O servizo de voluntariado de Sarela busca a colaboración a distancia

De forma temporal, e até que a situación sanitaria o permita, Sarela viuse obrigada a suspender a colaboración que as persoas voluntarias viñan prestando de forma presencial nos distintos servizos da asociación.

 

Esta é unha decisión que se adoptou atendendo ao protocolo de actuación para a prevención da COVID-19 de Sarela, aprobado pola Xunta de Galicia. Estas medidas limitan ao máximo o contacto co persoal externo   para garantir a seguridade das persoas usuarias.

 

Sen embargo o servizo de voluntariado segue a traballar e a buscar persoas que poidan colaborar a distancia aproveitando as posibilidades que dan as novas tecnoloxías. Se queres facerte voluntario ponte en contacto con nós a través deste enlace e a técnica responsable do servizo porase en contacto contigo.

 

A nosa visión do voluntariado

Por definición, a colaboración dunha persoa voluntaria é altruístadesinteresada  solidaria, con carácter voluntario e libre e  sen compensación  económica. En Sarela, a persoa voluntaria  apoia ao profesional  de modo que repercute favorablemente nas persoas usuarias ou na entidade. Isto quere dicir que a realización dunha actividade ou proxecto de Sarela non dependerá da existencia nese momento de voluntarios/as. Eles e elas ofrecen apoios ao equipo de profesionais polo que o seu obxectivo non é manter esa actividade ou proxecto senón que grazas á súa colaboración estes vanse desenvolver con máis reforzos.

 

Todos   os    servizos    e   programas   de  Sarela  están   abertos   á  colaboración.  As únicas condicións, como dixemos antes, é que ese traballo non pode ser substitutivo do dun profesional e que a súa participación debe ser activa, cunhas funcións claras e sempre con apoio e supervisión.

 

En canto sexa posible e seguro para tódalas persoas, retomaremos as actividades presenciais do noso servizo de Voluntariado.

 

Categorías: Sarela
Tags: voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar