• XSolidaria 2021 png

Noticias

Vitamina C para previr os ictus

Vitamina C para previr os ictus

A deficiencia de vitamina C debe ser considerada un factor de risco para os accidentes cerebrovasculares.

 

Unha investigación presentada na reunión anual da American Academy of Neurology mostra que o risco de accidente cerebrovascular hemorráxico é menor entre as persoas que teñen niveis normais de vitamina C en sangue que entre as persoas con baixos niveis desta vitamina.

 

Na investigación participaron 65 persoas que sufriran un ictus hemorráxico, máis mortal e raro que o ictus isquémico, e 65 persoas sas. A todas elas medíronselles os niveis de vitamina C en sangue, e observouse que un 45% tiñan niveis normais de vitamina C e outro 45% tiñan niveis baixos, destes últimos o 14% tiña deficiencias reais nos niveis en sangue desta vitamina.

 

En xeral, atopouse que os individuos con niveis baixos ou deficiencias de vitamina C eran os mesmos que sufriran un accidente cerebrovascular, en comparación con aqueles que tiñan niveis altos de vitamina C.

 

A deficiencia de vitamina C tamén pode provocar anemia, baixa capacidade para combater infeccións e curar as feridas, xinxivite, sangrado nasal e dor nas articulacións.

 

A dose recomendada de vitamina C para os homes adultos é de 90 mg/día e de 75 mg/día para as mulleres adultas. A vitamina C atópase de forma natural en moitas froitas e verduras como laranxas, papaias, pementos, brócoli ou fresas.

 

*Información e imaxe extraídas do blog Salud Hoy.

 

Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar