Visita do candidato do PP á alcaldía de Santiago

24/04/2015

Agustín Hernández estivo esta mañá na asociación de dano cerebral.

O actual alcalde de Santiago, e cabeza da lista coa que o Partido Popular (PP) concorre ás eleccións municipais, estivo esta mañá en Sarela. Agustín Hernández visitou a asociación acompañado de María José Corral, actual concelleira de Servizos Sociais, o departamento municipal responsábel da área de benestar social.
 
Hernández e Corral foron recibidos polo presidente de Sarela, José Balboa, a vicepresidenta da entidade, Concha Otero, e a coordinadora do centro de día, Eugenia Veloso. Foron guiados pola asociación nunha visita completa ás instalacións, onde puideron saudar ás persoas usuarias do centro de día xusto antes do xantar. Coñeceron as diferentes salas de actividades grupais e de terapia, e recibiron unha demostración do uso da sala multisensorial. Ao finalizar atenderon aos medios de comunicación que se achegaron para preguntar pola visita.
 
Sarela agradece a visita do candidato do PP e mantén abertas as portas do seu centro ás demais persoas candidatas á alcaldía de Santiago e dos demais concellos da área sanitaria de Compostela.
 
*Na imaxe, de esquerda a dereita, Agustín Hernández, Concha Otero, José Balboa e María José Corral.
 
    Visita Agustín Hernández e Mª José Corral
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información