Visita á exposición 'Vinte na Quintana'

21/07/2014

Mañá de paseo pola cidade.

Unha xornada de paseo pola zona vella de Santiago levou ás persoas usuarias de Sarela á exposición 'Vinte na Quintana', unha mostra de pintura e escultura que se pode visitar ata o 27 deste mes no Espazo de Arte de Campus Stellae, situado na Casa da Conga (Praza da Quintana).

Ademais de apreciar as vinte pezas de artistas emerxentes, as visitantes de Sarela colaboraron coa mostra aportando as súas dotes artísticas ao lenzo en branco que Claqueta Coqueta -a entidade organizadora da exposición- colocou á entrada da Casa da Conga. Unha pintura elaborada de maneira colaborativa por todas as persoas visitantes que será donada á Fundación Andrea para subastar na gala solidaria da entidade de persoas con autismo.

Esta visita cultural forma parte do programa de verán de Sarela, que durante os meses de xuño, xullo e setembro leva ás súas persoas usuarias a diferentes actividades de lecer e tempo libre.

Ata o momento levan visitado, en dous grupos, o parque das Cancelas, o do Restollal, o Museo de Antropoloxía Sotelo Blanco e a mostra 'Vinte na Quintana'. O vindeiro luns, as persoas que non asistiron hoxe á exposición darán un paseo pola zona vella de Santiago e gozarán da programación cultural das festas da cidade.

 

    Vinte na Quintana Vinte na Quintana Vinte na Quintana Vinte na Quintana Vinte na Quintana
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información