Visita á Cidade da Cultura

20/11/2014

Sarela continúa coas saídas culturais dentro do programa de lecer e tempo libre para persoas con dano cerebral.

O ciclo de actividades de lecer e tempo libre, centrado en saídas culturais, que Sarela desenvolveu durante o verán, continúa durante o outono, aínda que con menor intensidade. A última actividade foi a visita ás instalacións da Cidade da Cultura de Galicia.
 
As persoas usuarias de Sarela repartíronse en dous grupos para asistir á visita guiada pola Cidade da Cultura. As visitas realizáronse os días 7 e 14 de novembro. 
 
Está previsto continuar coa programación, de maneira que cada persoa poida realizar dúas visitas mensuais. Esta actividade sempre se celebra os venres en horario de mañá.
 
A próxima visita vaise facer ao Museo Pedagóxico de Galicia, en dúas quendas: mañá, venres 21, e o vindeiro día 28 de novembro.
Categorías: Sarela
Tags: tempo libre

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información