Un día con Jesús García en Sarela

28/07/2014

Foto-reportaxe dunha xornada de actividades en Santiago.

Unha xornada en Sarela é longa e variada. Inclúe lecer, traballo, rehabilitación... e tamén algo de descanso. A continuación amosamos un día de actividade cun protagonista, Jesús García, que acode ao centro de día de Sarela desde que ten dano cerebral.

1. Paseo por Santiago. Jesús (o primeiro pola esquerda) dá unha volta pola zona vella da cidade xunto coas demais persoas usuarias do centro de día de Sarela.

Paseo por Santiago

2. Parada. Unha parada para repoñer forzas tomando o café a media mañá. Ubicándose nunha cafetería do centro...

Parada

3. Café. Agardando polas consumicións e pasando un rato de charla.

Café

4. Retorno. Volta a Sarela dando outro paseo, no que Jesús aproveita para bromear con Patricia.

Retorno

5. Tarde en manualidades. Despois do xantar, Jesús acode coas compañeiras e compañeiros ao obradoiro de manualidades, no centro sociocultural das Cancelas.

Tarde en manualidades

6. Zapatiños de coiro. Carmen, a profesora de manualidades, atende as dúbidas de Jesús sobre como rematar os chaveiros con forma de zapato que as persoas usuarias de Sarela elaboraron, por encargo, para un regalo de voda.

Zapatiños de coiro

7. A Nave de Vidán. Comeza un novo día en Sarela... Sempre con actividades novas e diferentes cada día da semana. A xente do centro de día desprázase á Nave de Vidán.

A Nave de Vidán

8. Estimulación cognitiva. O bar, restaurante e espazo cultural a Nave de Vidán cede unha mañá por semana este espazo para actividades da asociación. Toca estimulación cognitiva.

Psicomotricidade

9. Descanso! Na cafetería da Nave, a parada para o café.

Descanso

*Grazas a Noa Oquina polas fotografías cedidadas a Sarela. As seleccionadas aquí forman parte do seu traballo de fin de curso na escola de artes Mestre Mateo.
 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información