“Tras o ictus, cando aceptei que non ía ser o mesmo, son máis feliz”

17/01/2017

A vida de Marco Pérez cambiou en outubro de 2013 cando con 39 anos sufriu un ictus. O seu caso é un exemplo de que o tempo de resposta é fundamental para minorar as secuelas. Hoxe é un dos voluntarios máis activos e comprometidos de Sarela.

A vida de Marco Pérez cambiou en outubro de 2013 cando con 39 anos sufriu un ictus. O seu caso é un exemplo de que o tempo de resposta é fundamental para minorar as secuelas. Hoxe é un dos voluntarios máis activos e comprometidos de Sarela.

 

Que lembras do día que sufriches o ictus?

Ese día levanteime coa vista borrosa. Despois de moitas probas o oculista recomendoume que revisara a tensión. Estaba tan alta que as máquinas daban erro e mandáronme ao Clínico. O último que lembro é entrar en urxencias polo que ao final foi unha sorte estar alí.

 

Que secuelas tiveches?

Ao espertar lembraba cousas como o meu teléfono pero non á miña familia. Foi unha situación moi complexa. Estiven un mes ingresado e o único que lembro dese tempo foi o encontro con Unai, meu fillo. Agora teño problemas coa memoria a curto prazo e esquecín cousas como o relacionado coa miña profesión de artesán. Pero teño que dicir que cando aceptei que non ía ser o mesmo agora son máis feliz. Agora aprecio máis as cousas.

 

Que foi o máis difícil?

Ao comezo eu esquecía que sufrira un ictus e polo tanto a miña nova situación. O meu cerebro tiña un conflito permanente entre a lóxica e a realidade. Por exemplo, Unai pedíame que lle aprendera a multiplicar e eu lle dicía “si claro”. Pero a realidade é que o esquecera.

 

Como é a túa relación con Sarela?

A min axudáronme moito. Nese momento inicial de conflito, onde a túa vida cambia foi fundamental o paso por Sarela para aceptar e adaptarme á nova realidade.

 

Hoxe axudas como voluntario...

Si, e síntome realizado. Pero ponme triste pensar que para chegar a colaborar con Sarela tiven que sufrir un dano cerebral. Eu pídolle á xente que axuden a este tipo de organizacións non porque teña un problema senón porque é de grande utilidade social.

 

A continuación deixamos o acceso á entrevista que Luís Iglesias fixo na Cadena Ser a Marco Pérez e a Luciano Fernández, secretario de Sarela, con motivo do Día do Ictus o 29 de outubro de 2016.

 

Categorías: Voluntariado , Ictus
Tags: voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información