• XSolidaria 2021 png

Noticias

"Sodes un exemplo de superación"

"Sodes un exemplo de superación"

Carlos con Cristina e María.

Carlos Beade, usuario do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica)  entrevista a María López e Cristina Rivas,  dúas estudantes que están facendo prácticas con nós, e que este mes publicamos no boletín Día a día realizado neste servizo. 

 

Que estades estudando?

María: Eu son psicóloga e estou estudando o Máster de Psicología General Sanitaria.

Cristina: Eu estou estudando un FP de Integración Social.

 

Por que decidistes facer as prácticas en Sarela?

María: A min sempre me gustou moito o tema da neuroloxía, concretamente a rehabilitación neuropsicolóxica e ademais a miña avoa doulle un ictus e tamén me interesaba saber como se pode axudar as persoas cun DCA. Tiven a posibilidade e aquí estou.

Cristina: Decidín facer aquí as prácticas porque tamén coñezo algún caso de dano cerebral, e como son discapacidades pouco coñecidas, quería coñecela máis.

 

Que opinades de Sarela?

María: O que máis me “flipou” cando cheguei son as instalacións que poden axudar á intervención xa que hai moitas salas e profesionais. E tamén o equipo. Hai un equipo interdisciplinar incrible que me chamou moito a atención.

Cristina: A min tamén me gusta pola coordinación entre os profesionais e todas as áreas e posibilidades que hai para facer as diferentes actividades.

 

Que vos aportamos as persoas usuarias?

María: Non só a nivel profesional, que aprendo moitísimo con vos, senón a nivel persoal, tedes moitas cousas que ensinar e eu moitas cousas que aprender.

Cristina: Eu tamén penso que me aportades moito a nivel persoal, sobre todo e que sodes un exemplo de superación.

 

E que credes que nos aportades vos a nós?

María: Eu espero que polo menos unhas risas teña aportado, iso mínimo. E se vos quedades con algo máis por min xenial, pero principalmente, eu o que pretendo é que o pasedes ben comigo e que, concretamente ti, me vaciles un pouco e riamos xuntos (risas).

Cristina: Pois eu sinceramente non sei se vos aporto moito (risas), pero teño moita paciencia, e iso puido axudarvos.

 

Sentístesvos ben acollidas?

María: Eu totalmente, eu estou encantada, tanto por parte dos profesionais coma de vos.

Cristina: Eu tamén.

 

Cambiariades algo de Sarela?

María: buff, qué difícil. Imaxino que coma en tódolos lados haberá pequenas cousas que se poden cambiar pero eu non me dou conta.

Cristina: Tampouco sei así nada que mellorar agora mesmo pero supoño que co tempo e a experiencia podería ver algunha cousa máis.

 

Se tiverades a oportunidade, gustaríavos volver?

María: Si.  Ademais vou vir de voluntaria. Teredes que aturarme algo máis (risas).

Cristina: Eu tamén, mais que volver, non quero marchar. (risas)

 

Credes que vos están servindo estas prácticas para o voso  futuro traballo?

María: Totalmente. Como dixen antes, tanto a nivel profesional coma persoal estou sacando moito proveito.

Cristina: Eu tamén. Sobre todo porque podo estar no SADT e no Centro Ocupacional e aproveito das dúas partes.

 

Gustaríavos traballar en Sarela?

 María: Por suposto.

Cristina: Obviamente. Non quero facer unha carreira, aínda que quero seguir estudando. Pero cando traballe, gustaríame facelo aquí.

 

Recomendariades a outros compañeiros facer aquí as prácticas?

María: Eu sí. Imaxínate que enredei a meu pai para que viñera de voluntario…

Cristina: Si. Estou moi contenta aquí polo que recomendaría a outras persoas vir e saber o que é o DCA.

 

Aquí podes ver a entrevista na versión do boletín Día a día.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: SADT, Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar