• XSolidaria 2021 png

Noticias

Sete aplicacións para conducir mellor

Sete aplicacións para conducir mellor
A organización do festival The Juanted das Motos decidiu destinar a Sarela unha parte dos seus beneficios. Con esta acción queren colaborar cunha causa solidaria, e tamén lembrar a todas as persoas participantes na festa, que inclúe saídas en moto, que a seguridade viaria é fundamental para previr o dano cerebral adquirido.
 
Sarela agradece o esforzo solidario, e tamén o traballo de sensibilización para a prevención de accidentes de tráfico, que son a segunda causa do DCA.
 
Reprodúcese a continuación unha lista de aplicacións útiles para a condución segura recollida da páxina web de FEDACE:
 
Seguridad Vial RACE
 
A aplicación do RACE é unha das máis completas que atopamos e das que máis aporta de face á seguridade viaria, principal obxectivo do desenvolvedor. Con Seguridad Vial RACE é posible calcular unha ruta en estrada, indicando as incidencias que nos atoparemos no camiño; podendo ademais acceder ás imaxes que ofrecen as cámaras da DGT, o Concello de Madrid, a dirección de Tráfico do País Vasco e as do Servei de Trànsit.
 
A través desta app é posible consultar as alertas meteorolóxicas de risco para a condución; baseadas en información da Axencia Estatal de Meteorología.
 
Pero, sen dúbida, o seu elemento diferenciador son os vídeos de formación en Seguridade Viaria. Con eles poderemos coñecer todos os aspectos relacionados co mantemento, a condución e a seguridade do noso vehículo: montar cadeas, cambio de rodas, ubicación de cadeiras infantís...
 
 
Bicis y cascos
 
Aplicación da Fundación MAPFRE orientada aos máis pequenos, para ensinarlles a circular en bicicleta de forma segura. A app contén dous xogos e un simulador. 'Toca la señal' e 'Rompecabici' son xogos para aprender os sinais de tráfico e as partes dunha bicicleta. 'Un paseo seguro en bici' é un simulador co que circularemos en bicicleta pola cidade para aplicar o aprendido.
 
 
Julia, Pato y el Espía
 
Outra app da Fundación MAPFRE, dirixida a peóns de entre 6 e 8 anos, para ensinarlles educación viaria a través dun conto ilustrado.
 
 
iParking. ¿Dónde he aparcado?
 
Tan simple como xeolocalizar a ubicación do teu coche para recordar daquela onde o aparcaches.
 
 
Gasolineras España
 
A aplicación mostra gasolineiras preto da túa ubicación nun mapa; aínda que tamén pode listalas segundo prezo ou distancia. Ademais, conta cun histórico de prezos en cada gasolineira para coñecer a evolución dos mesmos e elixir o mellor día para encher.
 
 
Dirección General de Tráfico
 
Coa aplicación da DGT a información oficial sobre o estado do tráfico sempre estará a primeira man e recibiremos notificacións cando haxa incidencias graves. A app facilita crear rutas nas que se indican estas incidencias. Ten un acceso directo ao teléfono de urxencias; 112.
 
 
Waze
 
Waze é outra aplicación de para planificar rutas segundo o tráfico, pero cunha particularidade: en Waze son os propios usuarios os que comparten información sobre o estado das estradas e a aplicación actualiza esta información e as rutas en tempo real.
 
 
Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar