• XSolidaria 2021 png

Noticias

Saúde na mesa

Saúde na mesa

Son moitas as vantaxes sobre a saúde dunha dieta equilibrada, pero cales poden ser os seus principios básicos? A continuación propóñense cinco aspectos a cambiar para conseguir o perseguido equilibrio dietético e mellorar en gran medida o estilo de vida.

 

Apostar polo integral: incluír produtos integrais nas distintas comidas do día, desde o pan ás galletas da merenda ou o picoteo á hora do aperitivo. O arroz ou as pastas integrais poden aportar un extra de sabor aos pratos tradicionais. Os beneficios sobre o tránsito intestinal, os seus efectos sobre a saciedade ou os estudos que lles confiren efectos protectores para o corazón e o sistema dixestivo avalan deixar atrás as fariñas brancas.

 

Pensar en cores: froitas e verduras non só farán máis apetitosas as presentacións dos pratos senón que ademais encherán de vitaminas as reservas do organismo. Aínda que pode parecer difícil chegar ás cinco porcións ao día recomendadas polas autoridades sanitarias, a maior consumo maior recarga de enerxía e vitalidade no día a día.

 

Pasarse á auga: ademais de axudar ao organismo a liberarse das toxinas, a auga contribúe a realizar unha dixestión adecuada e a saciedade que se consegue ao combinala coas comidas axuda a inxerir menor cantidade de alimentos. A hidratación axuda ademais a que cada célula do organismo funcione de forma adecuada. Para quen necesite máis sabor, a auga pode ter un efecto aínda máis refrescante se se lle engade un pouco limón ou lima ao vaso.

 

Seleccionar as graxas: A graxa é esencial para o corpo humano pero hai que seleccionar aquelas máis saudables e dicir non ás que contaminan os tecidos. Reducir o chamado colesterol malo é máis fácil se se crean novos hábitos como tomar froitos secos, que aínda que son calóricos aportan graxas moi saudables ao organismo; substituír graxas animais por vexetais -como optar polo aguacate en vez do queixo nas ensaladas-; ou deixar de tomar leite enteiro e optar pola versión desnatada. O aporte calórico pode ser o mesmo, pero alimentos como estes teñen un maior valor nutritivo.

 

Coidar as racións: ben sexa para perder algo de peso ou controlar o colesterol ou a diabetes, a cantidade de comida no prato é un dos factores crave a ter en conta. Os trucos de utilizar pratos pequenos para comer, tomar auga durante as comidas ou empregar produtos integrais poden axudar neste empeño de equilibrar a función orgánica de alimentarse co apetito, un binomio non sempre equilibrado.

 

*Noticia extraída de Infosalus.

*Ilustración tirada de Pixabay.

 

Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar