Sarela participa no II Encontro de Xuntas Directivas de FEGADACE

02/05/2014

Con membros de ADACECO, ADACE, Alento e Renacer.

A Federación Galega de Dano Cerebral celebrou o sábado 26 de abril o seu II Encontro de Xuntas Directivas. Na xuntanza víronse as caras os membros das xuntas directivas das cinco asociacións galegas de dano cerebral, compartiron experiencias, coñecéronse algo mellor, e continuaron formándose para exercer máis e mellor a representación de cadanseu colectivo, e do dano cerebral en xeral. Asistiron 28 persoas representantes do movemento asociativo do dano cerebral en Galicia.
 
O Encontro, que se celebrou no Auditorio de Galicia (en Santiago), está concibido para a rendición de contas do traballo realizado na Federación ao longo de 2013. O persoal técnico presentou un informe da memoria de actuacións (con información sobre os proxectos, programas, actividades, accións comunicativas, colaboracións, financiadores…) e outro de resultados do Plan Operativo 2013 do Plan Estratéxico da Federación.
 
A continuació, para pechar a mañá, celebrouse un obradoiro de ‘Reflexión para a cohesión federativa’, no que David Pereiro, de Algalia Consultores, fixo un símil de FEGADACE cun neno de sete anos (a antigüidade da Federación) para explicar as súas necesidades a nivel político e directivo. Os membros das xuntas directivas reflexionaron sobre as súas prioridades con respecto ás súas asociacións, e tamén en relación coa Federación, para axudar a marcar as pautas de traballo do ano en curso.
 
Para pechar a xornada de encontro, celebrouse un xantar de convivencia.
 
*Información e imaxe extraídas do blog de FEGADACE.
 
Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información