Sarela participa no calendario solidario a favor de FEDACE da Fundación Línea Directa

21/01/2022

Doce atletas de Tokio 2020 posaron con persoas con dano cerebral, entre elas a socia de Sarela Montse Terceiro (na imaxe xunto a Álex Sánchez, bronce en tríatlon paralímpico). O calendario está a venda a través de Amazon a un prezo de 10 euros e a recadación irá destinada a proxectos da Federación Española de Dano Cerebral.

A Fundación Línea Directa publicou onte, en colaboración coa Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), un calendario solidario que visibiliza ás persoas con Dano Cerebral e as súas familias. Nel doce atletas olímpicos e paralímpicos medallistas nos Xogos de Tokio 2020 como Alberto Fernández, Beatriz Ortiz ou Adi Iglesias posaron con doce persoas con dano cerebral.

O calendario púxose á venda a través de Amazon a un prezo de dez euros. Conta cunha marcada compoñente solidaria, xa que a recadación obtida irá destinada integramente a proxectos da Federación Española de Dano Cerebral. Ademais do recadado, a Fundación Línea Directa realizará unha doazón directa de 3.000€ á Federación.

 

Deportistas de primeiro nivel

Cada un dos meses do calendario mostra fotografías conxuntas dun medallista olímpico ou paralímpico de Tokio 2020 xunto a unha persoa con dano cerebral usuaria dunha das asociacións membro de FEDACE, entre elas, unha usuaria de Sarela (as outras forman parte de ADACE CLM, AFADACS Torrejón, DACE Sevilla e ICAM Ictus Madrid).

Estas imaxes reflicten o paralelismo entre o esforzo deportivo e o afán diario de superación das persoas con dano cerebral por mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Son fotografías de persoas con forza, coraxe e ilusión por sacar o mellor de si mesmas.

En concreto, as deportistas que aparecen no calendario son:

  • Adi Iglesias, ouro e prata atletismo paralímpico.

  • Alberto Fernández, ouro en tiro olímpico.

  • Álex Sánchez, bronce en tríatlon paralímpico.

  • Beatriz Ortiz, prata en waterpolo olímpico.

  • Carlos Arévalo, prata en piragüismo olímpico.

  • Iván Cano, prata en salto de lonxitude paralímpico.

  • Luis Miguel García- Marquina, bronce en ciclismo paralímpico.

  • Nico Rodríguez, bronce en vela olímpica.

  • Pablo Jaramillo, bronce en ciclismo paralímpico.

  • Pili Peña, prata en waterpolo olímpico.

  • Rodrigo Germade, prata en piragüismo olímpico.

  • Sarai Gascón, prata e bronce en natación paralímpica.

 

Sobre esta iniciativa solidaria, a directora xeral de Fundación Línea Directa, Mar Garre, destacou que “o obxectivo desta acción é recoñecer a loita diaria e o afán de superación tanto dos deportistas como das persoas con Dano Cerebral”.

 

Desde FEDACE agradeceuse o xesto da Fundación Línea Directa, que dá visibilidade o gran traballo de autosuperación que realizan as persoas con dano cerebral e as súas familias despois de que a súa vida cambie por completo de maneira súbita e inesperada: un esforzo diario que neste calendario solidario móstrase como un éxito olímpico.

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información