Sarela estrea páxina web

19/12/2013

Unha tenda online e un perfeccionado catálogo de servizos e actividades melloran a plataforma da asociación na rede.

Este Nadal, Sarela estrea páxina web. Resultado dun proxecto que se vén desenvolvendo nos últimos meses, a asociación de dano cerebral adquirido conta cun novo e máis extenso expositor en internet.

A nova distribución das seccións dá un amplo protagonismo á transparencia, un apartado no que se amosa todo tipo de documentación da entidade, como memorias e certificados, e que se estende ao seu equipo. Xunta directiva e equipo profesional teñen tamén protagonismo nese apartado.

Sarela salienta tamén a importancia que dá ao voluntariado, amosando o traballo que realizan as persoas usuarias da asociación, e expoñendo as necesidades, caracteríscas e perfís que solicitan para lles axudaren.

Detallada información sobre os servizos e programas cos que conta a asociación, información actualizada diariamente, e un importante peso do audiovisual son outras das trazas que distinguen a páxina que se estrea.

Pero o prato forte é sen dúbida a Tenda, na que a entidade expón os produtos elaborados polas súas persoas usuarias nos obradoiros de manualidades, cun catálogo en expansión que protagonizan o fieltro, a madeira e o coiro. Un sinxelo formulario de pedido permite mercar calquera dos obxectos ofertados e recibilos na casa.

A nova web de Sarela conta cunha versión en galego e outra en castelán e, en breve, lanzará unha nova versión do boletín ‘Facendo camiño’.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información