Sarela entrega un recoñecemento á Deputación da Coruña

05/11/2014

Trala visita guiada do presidente, Diego Calvo, xunto con outras autoridades.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou onte as instalacións do novo centro de Sarela, no número 3 da rúa Pedro Cabezas González, no barrio de Tras Paxonal. Calvo anunciou, ao final da visita, que a Deputación ten previsto aportar 125.000 euros máis ao novo centro de Sarela, antes de recibir, en representación da institución que preside, un recoñecemento pola colaboración coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela.
 
Unha comitiva composta polo presidente de Sarela, José Balboa, a súa vicepresidenta, Concha Otero, e a directora do centro, Rocío García, recibiu ás autoridades que asistiron á visita; todas elas representantes de entidades que teñen colaborado coa asociación no proxecto de construción do novo centro. Asistiron á visita Teresa Gutiérrez, primeira tenente de alcalde, Francisco Reyes, portavoz do Grupo Municipal do PSOE de Santiago, Rubén Cela, portavoz do Grupo Municipal do BNG de Santiago, Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diurna da Xunta de Galicia, Carlos Fernández, ex-presidente da FEGAMP e Carlos Martínez, alcalde de Vedra. Desculparon a súa ausencia o ex-alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira do BNG Elvira Cienfuegos.
 
As explicacións da directora, Rocío García, estiveron complementadas polas do escultor Cándido Pazos, autor da escultura que representa o recoñecemento, José Luis Pereiro, arquitecto, e Beatriz Iglesias, administradora da construtora Oreco.
 
A Deputación da Coruña é un dos axentes institucionais implicados no financiamento da construción e equipamento do novo centro de Sarela. O Concello de Santiago cedeu a parcela, e a maioría do orzamento da construción procede do diñeiro aportado polas persoas contribuíntes marcando o X Solidario nas súas declaracións da renda.
 
    Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014) Visita institucional novo centro (04/11/2014)
Categorías: Sarela
Tags: X Solidario

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información