Sarela alimenta Espacio DCA

09/02/2016

Espacio DCA é un lugar de intercambio e comunicación con outras persoas con dano cerebral adquirido que tamén está aberto ás familias.

Os nosos usuarios e usuarias están xa a participar activamente de Espacio DCA, o novo proxecto de FEDACE  que pon a disposición das asociacións un espazo común no que desenvolver blogs, participar en foros ou compartir as súas experiencias. Marian, Chus, Santiago, Isaias e Manuel son polo de agora a nosa entusiasta representación nesta comunidade de blogueiros e que cada semana alimentan durante o obradoiro no que se explica o preciso para participar con voz propia na rede.

 

Espacio DCA é un lugar de intercambio e comunicación con outras persoas con dano cerebral adquirido que tamén está aberto ás familias, e que ten como obxectivo ser unha plataforma de expresión máis persoal recollendo experiencias e opinións. 

Categorías: Sarela , FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información