Recursos para a atención á dependencia

31/01/2014

Guías de produtos para a promoción e de avaliación da autonomía persoal.

A mediateca de Sarela nútrese cada día de novos documentos. Desta volta, presenta dúas guías sobre o sistema e produtos de atención á dependencia.

 

A Guía de orientación en la práctica profesional de la valoración reglamentariade la situación de dependencia: Productos de Apoyo para la Autonomía Personal, editada polo Imserso, recolle información sobre produtos que poden facilitar a autonomía persoal, así como recomendacións para a adaptación do fogar.
 
 
A súa información está categorizada por actividades da vida diaria como comer, beber, aseo, vestirse, saúde, desprazarse dentro e fóra da casa ou tomar decisións. Remata aportando bibliografía e referencias útiles de internet.
 
 
 
 
Recolle información sobre as particularidades das persoas con dano cerebral adquirido no que se refire ás necesidades relacionadas coa autonomía persoal, e recomendacións para valorar o seu nivel de dependencia. Tamén expón unha serie de consideracións a ter en conta polas familias.
 
*Fotografía de panshipanshi.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información