• XSolidaria 2021 png

Noticias

Recomendacións básicas de seguridade viaria

Recomendacións básicas de seguridade viaria
Unha condución responsábel non implica só seguir as normas de circulación: tamén cómpre saber adaptar a velocidade do vehículo ás circunstancias da vía ou ao contorno, coñecer como actuar no caso de avarías, ou manter os dispositivos de seguridade do coche a punto.
 
A mutua FREMAP editou unha serie de folletos que, de maneira esquemática, resumida e moi visual, presentan consellos para a seguridade viaria e a condución responsábel. Trátase de nove documentos sobre condución con mal tempo, xestión do estrés ao volante, condución en cidade, a velocidade, actuación en caso de accidente, actuación en caso de avaría, o alcol, a seguridade activa e a seguridade pasiva. Poden descargarse ao final.
 
Os accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido, despois do ictus. Ademais, afectan a unha faixa de poboación máis nova. Para Sarela é unha prioridade informar e sensibilizar á poboación sobre como evitalos. Facéndoo axúdase a previr o dano cerebral.
 

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar