Que facer tralo dano cerebral adquirido?

20/01/2014

Recomendacións para familias con DCA.

O movemento asociativo do dano cerebral adquirido e os centros de referencia na súa rehabilitación son conscientes da importancia de traballar con toda a familia cando o DCA se presenta na vida dun dos seus membros.

 

O dano cerebral aparece de maneira repentina e cambia todo na vida da persoa e de quen a rodea. Aprender a convivir con esta discapacidade, especialmente cando a persoa recibe a alta e comeza a carreira de fondo que é a adaptación da familia á nova situación, é un dos principais retos.

 

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) ten editada a fundamental Guía de Familias, un exhaustivo percorrido polas características da nova situación, recursos, secuelas, etc. FEDACE elaborou tamén unha máis breve guía de Orientación para familiares amigos e coidadores, con consellos para o hospital e o regreso á casa.


Pola súa banda, o CEADAC (Centro de Referencia Estatal de Atención Al Daño Cerebral) fixo pública He sufrido un daño cerebral, y ahora ¿qué?, unha "guía de pautas de manexo físico, cognitivo-condutual e social" do DCA.


A web de Sarela conta cun apartado de Recomendacións no que se pode acceder a toda a documentación mencionada.

 

Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información