• XSolidaria 2021 png

Noticias

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido

Próximas charlas sobre Dano Cerebral Adquirido

O traballo de divulgación de Sarela segue a ser moi intenso nestes meses. As próximas charlas que temos en axenda serán o luns 17 de xuño en Brión para falar da prevención do DCA no deporte e o venres 21 en Arnois (A Estrada).

 

En colaboración co Concello de Brión, o luns 17 ás 20:00 h. no Centro social polivalente, falaremos dun tema moi importante e ás veces pouco tratado como é a prevención dos traumatismos cranioencefálicos na práctica do deporte. O aforo é limitado e podes facer a inscrición previa no teléfono 981509969 ou na Biblioteca municipal.

 

Esa mesma semana, concretamente o venres 21 ás 20:30 h, estaremos na parroquia estradense de Arnois nunha charla que organizamos conxuntamente coa Asociación rural de amas de casa. No seu local falaremos de aspectos xerais do dano cerebral como son as causas, secuelas, consellos de coidados etc.

 

Estas dúas charlas súmanse ás que xa se fixeron no que vai de ano en concellos como Ribeira, Valga, Arzúa, A Estrada, Val do Dubra ou Santiago.

 

Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar