Proxectos na comunidade #conecta2Xaccesibilidad para promover a autonomía persoal e a participación na comunidade desde a transformación dixital

12/04/2017

Estamos a desenvolver os proxectos “Facilyta el movimiento” e “Les facilyta” conxuntamente con asociacións de Cataluña, Castela a Mancha, Sevilla e Burgos dentro da comunidade impulsada pola Fundación Vodafone. O primeiro busca fomentar a práctica do deporte e actividade física e o segundo a implicación en tarefas de voluntariado entre as persoas con DCA e na comunidade co apoio das novas tecnoloxías.

Sarela xa ten en marcha os dous proxectos de transformación dixital cos que participa na comunidade #conecta2Xaccesibilidad, iniciativa fomentada pola Fundación Vodafone España. Estes proxectos súmanse a outros catorce que buscan facer a vida máis fácil a persoas con discapacidade grazas ao uso das novas tecnoloxías. Sarela participa nesta comunidade como entidade integrada en FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral), que conxuntamente con Plena Inclusión, Down España, Confederación Aspace, Fundación Juan Ciudad e Vall d’Hebrón Research Insitute  participan como motores da iniciativa.

 

Os dous proxectos de Sarela dan continuidade á nosa participación previa no desenvolvemento e implantación da aplicación Mefacilyta, tamén da Fundación Vodafone España. Esta app é de grande axuda para aumentar a autonomía das persoas con discapacidade pois permite, entre outros usos, secuenciar actividades, crear listas de tarefas, alarmas etc cos que desenvolver tarefas.

 

“Les facilyta”: voluntariado con apoio tecnolóxico

 

Este proxecto desenvolverémolo conxuntamente con TRACE (Asociació Catalana de Traumàtics Cranioencefàlics i Dany Cerebral) e ADACE CLM (Asociación de Daño Cerebral Sobrevenido de Castilla la Mancha). Seus destinatarios son persoas con DCA que, tras un período de rehabilitación, busca facer actividades que fomenten a súa autonomía e integración social.

 

“Les facilyta” pretende conxugar, a través dun programa de voluntariado, o desexo das persoas con DCA de prestar apoio á comunidade coa necesidade de axuda doutras como dependentes, persoas maiores etc. Buscamos que a persoa comparta a súas habilidades con aquelas que o precisen e á vez espallar o traballo e función social de Sarela. Para iso en moitos casos, debido aos problemas de memoria, eses voluntarios deberán empregar a app Mefacilyta como apoio aos labores a realizar.

 

“Facilyta el movimiento”: códigos QR para a práctica do deporte e actividade física

 

Con este proxecto procuramos salvar unha barreira á que se enfrontan as persoas con DCA á hora de practicar deporte e actividade física. Unha das secuelas propias do dano cerebral adquirido son os problemas de memoria, planificación ou execución. Isto fai que unha tarefa cotiá, e recomendada para as persoas con DCA, como é a práctica do deporte e actividade física se volva difícil se non tes unha axuda persoal.

 

Nun ximnasio, por exemplo, tarefas  cotiás como seguir unha táboa de exercicios, prender un aparato etc pasan a ser de gran dificultade. Agora, con este proxecto o que procuramos é normalizar esa experiencia grazas á creación de códigos QR que unha vez lidos coa app Mefacilyta guiarán á persoa en cada unha das tarefas. Este proxecto desenvolvémolo conxuntamente con DACE (Asociación de Daño Cerebral Adquirido de Sevilla) e ADACEBUR (Asociación de Daño Cerebral Adquirido de Burgos).

 

 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información