• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

Noticias

Programa de mellora da mobilidade e accesibilidade das persoas con Dano Cerebral

Programa de mellora da mobilidade e accesibilidade das persoas con Dano Cerebral

As familias que vivan fóra de Santiago e teñan dificultades para asistir, por este motivo, á atención especializada en Sarela pode acollerse a este programa. Sarela cubre os gastos de quilometraxe ou os derivados do emprego de transporte público ou taxi.

 

A distancia do domicilio e un sistema de transporte público deficiente, cando non inexistente, non debera ser nunca un obstáculo para acceder a determinados servizos en igualdade de condicións que as persoas que viven preto dos mesmos.

 

Por esta razón Sarela vén de crear o “Programa de mellora da mobilidade e accesibilidade das persoas con Dano Cerebral” para garantir a asistencia das persoas e familias que vivan fóra de Santiago e/ou en localidades illadas aos servizos de Rehabilitación, MAPIS e Información e orientación a familias. En función dos criterios establecidos, Sarela asume o custo da quilometraxe, do servizo de taxi ou do transporte público.

 

En caso de dúbidas as familias poden chamar ao centro de Sarela (teléfono 981 577037) ou enviar un correo electrónico a sarela@sarela.org.

 

Este programa está subvencionado a través do IRPF e é un exemplo do que podemos facer se todos e todas marchamos o recadro 106 de “Actividade de interese social” na nosa declaración da renda.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar