De esquerda a dereita: Jose Hachero (nadador), Concha Otero (vicepresidenta de Sarela), Manuel Ruiz Rivas (Alcalde de Ribeira), Juan Ramón Martínez e Manolo Martínez (organizadores) e Sofía Suárez (nadadora).

ArousaMan 2017, unha travesía a nado entre O Grove e Ribeira para dar a coñecer o dano cerebral adquirido e as dificultades das familias

27/07/2017

Onte presentouse na Casa do Concello de Ribeira a segunda edición do “Arousa Man-Manolo O Nacho”. Todos os participantes destacaron o dobre obxectivo social e deportivo desta proba que reunirá a 19 nadadores e nadadoras para percorrer os 13 quilómetros que separan O Grove da praia de Coroso en Ribeira.

Onte presentouse na Casa do Concello de Ribeira a segunda edición do “Arousa Man-Manolo O Nacho” nun acto no que participou o Alcalde da vila, Manuel Ruiz Rivas;  Manuel e Juan Ramón Martínez, irmáns e organizadores; os nadadores Sofía Suárez e Jose Hachero e a vicepresidenta de Sarela Concha Otero.

 

O Arousa Man é unha reto social e deportivo de nado en mar aberto que naceu en 2015 por iniciativa de Manolo Martínez, unha persoa con dano cerebral adquirido (DCA) causado por un neurinoma del acústico (un tumor cerebral benigno que afecta a 1 de cada 100.000 persoas). El propuxo crear un evento deportivo de especial dureza para tratar de simbolizar as dificultades que afrontan así como para reclamar máis apoio das institucións.

 

Familiares e amigos fixeron súa a idea e en 2015 organizaron a primeira edición e que ten continuidade este ano. Sarela apoiou desde o comezo a iniciativa e ese día participa na mesma cun posto de información. A recadación obtida pola venda de materiais e outras doazóns tamén vai destinada á asociación.

 

Horarios

A proba dará comezo aproximadamente ás 9 da mañá coa saída desde o peirao do Grove e a chegada está prevista entre as 13 e as 14:30 horas en función das condicións que determinan o nado. O grupo de nadadores terá en todo momento apoio desde os kaiaks e embarcacións de apoio para marcar o rumbo, prestar asistencia e evitar perigos como a presenza doutras embarcacións.

 

Na praia de Coroso (frente ao polideportivo) desde as 11:30 funcionará a Fila Zero onde haberá actividades lúdicas como obradoiros e contacontos para os máis pequenos e Sarela terá un punto de información no que dará información sobre a súa actividade e servizos así como sobre o dano cerebral adquirido. Á chegada dos/as nadadores/as realizarase a entrega de trofeos e posteriormente haberá un xantar.

 

Como colaborar

Esta cita tamén quere servir para apoiar e promocionar o labor de Sarela. Ademais do punto de información que haberá na zona de chegada, a organización ten previsto doar a Sarela os cartos recadados a través das doazóns que se realicen na fila cero e pola venda do material editado para a proba (camisetas, suadeiras, gorros de piscina, etc). Neste enlace (https://goo.gl/oqZr7V) podes facer a reserva deste material.

 

 

Categorías: Sarela
Tags: ArousaMan

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información