Programa do Día do Deporte Solidario con Sarela

22/05/2015

A xornada celébrase o 30 de maio no centro comercial Área Central.

O Día do Deporte Solidario que organiza Área Central o sábado 30 de maio conta cun completo programa de actividades que se acaba de facer público. A xornada deportiva ocupa toda a xornada, desde as 11:00 ata as 21:00, e está destinada a recadar fondos para a causa das persoas con dano cerebral adquirido que serán entregados a Sarela.
 
Ademais da exhibición e proba de múltiples deportes, xogos e exercicios, Área Central acollerá stands de moitos dos clubes e asociacións implicados na organización. Ao remate da xornada entregarase unha placa que recoñece como 'Deportista Solidario' a D. Francisco Rodríguez Míguez 'Farruco', e efectuarase un sorteo de agasallos entre as persoas participantes.
 
No apartado do deporte adaptado, poderase participar en dúas actividades: unha serie de probas adaptadas motrices, que organiza Special Olimpics Aspas (de 16:00 a 19:00) e unha mostra de boccia a cargo do equipo de Sarela (de 17:00 a 19:00).
 
O Día do Deporte Solidario é unha iniciativa de Área Central que conta coa colaboración de Centro Deportivo, do Servizo de Deportes da Universidade de Santiago (USC), da Concellería de Deportes de Compostela, e dun amplo número de clubes e asociacións deportivas locais. A colaboración con Sarela efectúase a través da compra de rifas solidarias que se poderán mercar na mesma xornada por 1 euro.
 
O programa completo pode consultarse a continuación, ou descargarse ao final:
 
11:00 a 20:30. Actividades continuas:
Minibasquet (Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas)
Ximcana Ciclista (cada rapaz/a ten que levar a súa bicicleta)
Fútbol
Inchables
Xogos de mesa
Xadrez (Clube de Xadrez Gallaecia)
Tenis de Mesa (Arteal)
Petanca
Minigolf (Mundo Activo)
Billar e Futbolín (Café Bar Aneca e Recreativos Iglesias)
Foamball (Mundo-juego)
 
11:00 a 12:00 e 16:00 a 17:00. Loita olímpica (Clube de Loita Stellae)
11:15 a 12:00. Ioga (Squash Santiago)
11:30 a 13:15. Andaina (Clube Deportivo Fontiñas)
12:00 a 12:30. Jump (Squash Santiago)
12:00 a 13:00 e 15:00 a 16:00. Minitenis (Clube de Tenis Compostela)
12:00 a 13:00 e 18:00 a 19:00. Judo (Judo Club Compostela e Clube San Francisco Teo)
12:30 a 13:00. Patinaxe (Clube Deportivo Fontiñas)
13:00 a 14:00. Karate (Clube San Francisco Teo)
13:00 a 14:00. Patinaxe libre (Diver Patín)
13:00 a 15:00 e 16:00 a 20:30. Bádminton
15:45 a 16:45. Hóckey (Diver Patín)
16:00 a 17:00. Iniciación malabares (Víctor Prada)
16:00 a 19:00. Probas adaptadas motrices (Special Olimpics Aspas)
16:45 a 17:30. Máster Body Jump (Active Service)
17:00 a 18:00. Defensa persoal (Judo Clube Compsotela e Clube San Francisco Teo)
17:00 a 19:00. Xogos populares en inglés (A Casa das Linguas)
17:00 a 19:00. Boccia (Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela)
17:00 a 20:30. Chave (Asociación Xogadores Chave Santiago)
17:00 a 20:30. Esgrima (Compostela Esgrima)
17:30 a 18:30. Exhibición Ximnasia Rítmica (Clube Ximnasia Rítmica Viravolta)
18:00 a 19:00. Exhibición Bolos (Xogo de Bolos de Boiro)
18:00 a 19:30. Obradoiro de Manualidades (Auladeideas)
18:30 a 19:15. Zumba (Squash Santiago)
19:15 a 19:45. Hóckey (Clube Hóckey Compostela)
19:30 a 20:00. Carreira Popular Solidaria 'Circuíto Esther Pedrosa'
19:45 a 20:30. Exhibición Ximnasia Rítmica (Ximnasia Rítmica Compostela e Clube Ximnasia Oroso)
20:30. Entrega placa Deportista Solidario a D. Francisco Rodríguez Míguez 'Farruco'
20:40. Sorteo de agasallos
 
STANDS
 
Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela
Centro Deportivo
Lucola Best Nutrition
Náutica Pérez
Tomás Godoy Pirograbador
Universidade de Santiago de Compostela
Asociación Xogadores Chave de Santiago
Xogo Bolos Boiro
Clube Deportivo Fontiñas
Centro Xuvenil Don Bosco
Clube San Francisco Teo
Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física
Real Aeroclub Santiago
Special Olimpics
Active Service
Squash Santiago
Turnauga
Clube Motorista Teo
 
Agradecementos a Centro Deportivo, Recreativos El Niño Feliz, Axóuxere Deporte e Animación, Más Creativos, Fototemadixital, Jim Sports, Delegación Local da Federación Galega de Atletismo, Federación Galega de Fútbol Delegación de Santiago e SD Compostela.
 
    Folleto do Día do Deporte Solidario 1 Folleto do Día do Deporte Solidario 2 Día do Deporte Solidario
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información