Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Manifesto que con motivo do 8 de marzo fixo público a Fundación CERMI Mujeres.
Manifesto da Fundación CERMI Mujeres con motivo do 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller
POR UNHA XUSTIZA DEMOCRÁTICA E EFECTIVA PARA AS MULLERES CON DISCAPACIDADE
Hoxe 8 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, as mulleres con discapacidade queremos, unha vez máis, trasladar perante quen ten responsabilidade no deseño e posta en marcha de políticas públicas e perante a sociedade en xeral, as nosas reivindicacións como mulleres nun ámbito tan importante como é o da xustiza.
Aínda cando vivimos nun Estado cuxa Constitución declara que todas as persoas teñen dereito a obter tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión (art. 24.1 da Constitución) con todo, a realidade pon de manifesto como o acceso á xustiza segue estando vetado para miles de mulleres con discapacidade, que enfrontan obstáculos de toda índole á hora de facer valer os seus dereitos en sé xudicial.
O artigo 15 da Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller establece que homes e mulleres deben ter igualdade na lei e na protección da lei e que os Estados Partes deben adoptar todas as medidas apropiadas para garantir a igualdade substantiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida.
Pola súa banda, o art. 13 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recolle a obriga dos Estados Partes de asegurar que as persoas con discapacidade teñan acceso á xustiza en igualdade de condicións coas demais.
Con todo, son aínda moitos os obstáculos existentes que nos inhiben de accionar os nosos dereitos. Desde as barreiras simbólicas, que impregnan o labor de todos os operadores involucrados (corpos de seguridade do estado, avogacía, fiscalía, maxistratura), ata as puramente materiais e evidentes relacionadas coa contorna física e da comunicación, constitúen trabas que sistematicamente impiden o exercicio dun dereito fundamental que forma parte do denominado “núcleo duro” da nosa Carta Magna e que goza dun carácter indispoñible.
E é que a tutela xudicial efectiva e o acceso á xustiza son ferramentas chave que a cidadanía ten á súa disposición nun estado democrático de dereito para evitar que as violacións dos seus dereitos e intereses lexítimos queden impunes. As mulleres con discapacidade, case dous millóns e medio no noso país, coñecemos ben o que significa ver conculcados os nosos dereitos e tamén experimentar que pouco ou nada se fai para defendelos. Así, por exemplo, foi e segue sendo aínda unha ardua tarefa denunciar que as mulleres con discapacidade tamén somos potenciais vítimas de violencia de xénero (non hai que esquecer que vivimos nunha sociedade que aínda se resiste a recoñecernos como mulleres). Aproximadamente un 13% das mulleres que son asasinadas polas súas parellas e/ou exparellas cada ano en España son mulleres con discapacidade e, con todo, este dato de relevancia chave para articular políticas públicas adecuadas non pasa de ser unha información anecdótica plasmada na páxina dalgún xornal.
Que unha muller con discapacidade vítima de violencia de xénero consiga levar a xuízo o seu caso pode considerarse unha proeza, se se ten en conta que o sistema polo xeral desconfía dos nosos testemuños (e moi especialmente se a muller ten unha discapacidade intelectual, psicosocial ou se se trata dunha muller xordocega), ao que hai que sumar a falta de accesibilidade en todas as instancias polas que debe transitar unha muller que decide denunciar, a escasa preparación das e dos profesionais involucrados neste campo e, o que é máis grave, a falta de conciencia de ser titulares de dereitos que moitas mulleres con discapacidade teñen hoxe día.
Así mesmo, non podemos esquecer a as miles de mulleres con discapacidade que actualmente atópanse incapacitadas xudicialmente e que, polo tanto, non poden acceder á xustiza por si mesmas cando os seus dereitos son conculcados, si non é a través de unha persoa intermediaria (titora ou curadora), situándoas nunha situación de especial vulnerabilidade.
Denunciamos, ademais, que o procedemento de modificación da capacidade legal recollido no noso ordenamento xurídico contravén o establecido no art. 12 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, e por iso esiximos a súa total abolición e avogamos polo establecemento de mecanismos efectivos para o apoio na adopción de decisións.
Para rematar, tamén nos preguntamos de que xeito o Goberno deste país vai reparar o dano cometido a tantas nenas e mulleres con discapacidade que foron esterilizadas sen o seu consentimento, ao amparo dunhas leis que se din garantistas, pero que na práctica desterran ás marxes do sistema a miles de cidadás.
Por todo isto, as mulleres con discapacidade neste 8 de marzo
ESIXIMOS:
Porque a conquista plena de a cidadanía tamén se leva a cabo exercendo os nosos dereitos ante os tribunais, as mulleres con discapacidade demandamos:
UNHA XUSTIZA DEMOCRÁTICA REAL E EFECTIVA PARA AS MULLERES CON DISCAPACIDADE!
Aquí pódese descargar o manifesto en castelán, en lectura fácil e en pictogramas.
Grazas a FEGADACE pola traducción do texto.