Pola participación política das mulleres con discapacidade

07/03/2014

Manifesto do CERMI polo Día da Muller Traballadora

Recordando a Convención de Nacións Unidas sobre a Eliminación de todas as formas de Discriminación contra a Muller de 1976, onde os Estados Partes comprométense a eliminar a discriminación contra a muller na vida política e pública do país, garantindo, en igualdade de condicións cos homes, o seu dereito a votar en todas as eleccións e referendos públicos e a ser elixibles; o dereito a participar na formulación das políticas gobernamentais e na execución destas, ocupando cargos executivos, e o dereito a participar en organizacións e asociacións non gobernamentais que se ocupen da vida pública e política (artigos 7 e 8);

 

Considerando a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006, que asegura que estas poidan participar plena e efectivamente na vida política e pública en igualdade de condicións coas demais persoas, promovendo activamente unha contorna accesible e adecuada para iso (art. 29);

 

Tomando nota do recente Informe do Parlamento Europeo sobre Mulleres con Discapacidade, no que se insta á Comisión Europea a incorporar unha formulación que teña en conta o enfoque de xénero na revisión intermedia da Estratexia Europea da Discapacidade 2010-2020

 

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI,

 

DENUNCIA

 

Que, pese á existencia destes tratados internacionais ratificados por España, as mulleres con discapacidade non gozan dos seus dereitos políticos en igualdade de condicións coas demais persoas:

 

  • O dereito ao voto está negado para moitas delas, ás que se incapacita xudicialmente perdendo xa que logo a súa capacidade xurídica e a súa igualdade ante a Lei como medio para logar a práctica da esterilización forzosa, acto este de violación extrema dos seus dereitos humanos.
  • Non participan na formulación de políticas públicas, nin tampouco nas que lles afectan directamente.
  • Non ostentan cargos executivos na esfera pública e apenas o fan en organizacións non gobernamentais, onde a súa presenza ten frecuentemente un carácter meramente testimonial.
  • Non contan con asociacións específicas de mulleres con discapacidade, desde as que poder exercer o seu dereito á liberdade de opinión e de expresión sobre os asuntos que lles incumben directamente.

 

E que, como consecuencia destas ausencias xeneralizadas, a situación de discriminación e exclusión das mulleres e nenas con discapacidade segue sendo no noso país un problema de primeira orde que esixe a adopción de medidas específicas que incidan sobre as causas reais que lle dan orixe. Sirva como exemplo o dato de que o 17,3% das mulleres con discapacidade atópase en situación de pobreza extrema, taxa que triplica a da poboación española (6,4%).

 

Por todo o sinalado, no Día Internacional da Muller, o CERMI,

 

RECLAMA

 

  1. O desenvolvemento con urxencia dunha investigación centrada na revisión das incapacitacións xudiciais que afectan ao dereito de sufraxio das mulleres con discapacidade.
  2. A consideración específica das mulleres e nenas con discapacidade en todas as disposicións lexislativas, políticas e iniciativas en materia de discapacidade ou de xénero, case inexistentes ata a data presente.
  3. A inclusión dos asuntos específicos das mulleres e as nenas con discapacidade nas políticas sociais desenvolvidas polo terceiro sector en xeral e polas organizacións da discapacidade en particular, especialmente no relativo á violencia e o abuso, á maternidade, aos dereitos sexuais e reproductivos e ao acceso á xustiza, formando para iso aos seus profesionais e ofrecendo servizos de atención directa ás mulleres e nenas que o soliciten.
  4. A incorporación do principio de igualdade entre a muller e o home na cultura organizacional, os regulamentos, os estatutos e os programas de traballo das organizacións representativas das persoas con discapacidade e as súas familias, de forma real e efectiva, asegurando que a dirección, a xestión e a toma de decisións sexa paritaria en todos os niveis.
  5. Asegurar a presenza de mulleres con discapacidade nas organizacións de mulleres, as cales deben garantir a súa plena inclusión e participación, así como a consideración das súas demandas e necesidades, agravadas polos efectos dunha discriminación estructural de anos de exclusión.
  6. Apoiar e fortalecer o establecemento de organizacións, redes e grupos integrados, dirixidos e gobernados por mulleres con discapacidade, na defensa dos seus propios intereses colectivos, tal e como elas mesmas os definan, sen prexuízo da súa presenza a través de organizacións mixtas ou específicas.
  7. Poñer en valor todas as importantes medidas de accesibilidade e non discriminación cara ás mulleres con discapacidade que contén a Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo, así como o seu non discriminación no acceso á saúde sexual e reproductiva; a súa atención adecuada durante o embarazo, o parto e o puerperio; a formación de profesionais da saúde sobre a súa situación específica, e a información á muller, que corren o risco de perderse coa actual revisión lexislativa.
  8. A utilización eficaz e eficiente dos instrumentos de financiamento da Unión Europea, e en particular dos Fondos Estructurais, para poñer fin á discriminación das mulleres e nenas con discapacidade en todos os ámbitos da vida.

 

8 de marzo de 2014

 

*Imaxe de cdephotos con licenza CC BY 2.0.

 

Categorías: Discapacidade
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información