11.127 persoas menos reciben a prestación por dependencia

15/01/2014

Sanidade publica que a lista de espera diminúe en máis de 100.000 persoas.

Os beneficiarios da Lei de Dependencia reducíronse en 11.127 -ata alcanzar os 753.842- no último ano. Ademais, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Sanidade, Igualdade e Servizos Sociais, a lista de espera para entrar no sistema de dependencia caeu un 37% (115.438 persoas) entre xaneiro de 2012 e decembro de 2013, cifra baseada tamén nos datos mensuais publicados polo IMSERSO. Actualmente hai 190.503 persoas en lista de espera -con dereito a prestación pero sen cobrala-.

 

"Desde que se implantou a lei, nunca houbo un número de beneficiarios tan baixo e nunha situación económica e social tan difícil-, declarou Trinidad Jiménez, Secretaria de Política Social do PSOE. O Ministerio fixo fincapé na redución da lista de espera, o que Jiménez cualificou de "manipulación nos datos".

 

"Non é porque estean atendendo a máis persoas. A lista de espera reduciuse porque a xente vai morrendo ou saíron do sistema", ou porque deixaron de ser dependentes, ou porque se lles cambiou o grado de dependencia, explica Jaime-Esteban García Vilar, coordinador estatal de Plataformas pola Defensa da Lei de Dependencia. Os dependentes de Grado I non cobran prestación, explica, mentres que os de Grado II e III si o fan.

 

O Ministerio defende que é a lista de espera máis baixa desde que se aprobou a lei. Os socialistas contestaron, a través dun comunicado, que o máximo histórico de persoas atendidas deuse en agosto de 2012, antes de que entrase en vigor o decreto lei 20/2012 de recortes orzamentarios. Engadiron que pedirán a comparecencia da ministra Ana Mato polo que consideran "manipulación de datos".

 

*Noticia extraída do xornal El País.

*Fotografía de Fernando Mafé (CC BY-NC-SA 2.0).

 

Categorías: Dependencia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información