Noelia Parente e Beatriz García foron as técnicas encargadas da nosa presenza en Talentia 2018.

Participamos en Talentia 2018

15/11/2018

Sarela, a través do seu Servizo de Atención Diúrna Ocupacional (SADOC), participou activamente cun posto de información propio en Talentia 2018. Esta foi a primeira edición dun encontro organizado polo Concello de Santiago que busca a dinamización do emprego e o fomento do talento.

Sarela, a través do seu Servizo de Atención Diúrna Ocupacional (SADOC), participou activamente cun posto de información propio en Talentia 2018. Esta foi a primeira edición dun encontro organizado polo Concello de Santiago que busca a dinamización do emprego e o fomento do talento.

 

O evento celebrouse os días 13 e 14 no Palacio de Congresos de Santiago e Sarela foi unha das dúas organizacións do ámbito social que participaron xunto con 23 empresas con stand propio no encontro. A nosa presenza procurou fundamentalmente tres obxectivos:

 

  • Dar visibilidade ao traballo especializado de Sarela no relativo á inserción ocupacional e laboral. Nos dous días de Talentis 2018 contactáronse con doce empresas ás que se lle deu información directa sobre a inserción laboral das persoas con dano cerebral. Tamén houbo múltiples contactos con empresas e profesionais para prestación de servizos especializados.

 

  • Buscar persoas con interese en empregarse nalgúns dos perfiles profesionais da entidade.

 

  • Participar, tanto as profesionais como os usuarios, nos diferentes obradoiros organizados nos dous días do evento. Neste sentido as persoas usuarias de SADOC practicaron ferramentas que contribuirán a desenvolver e mellorar capacidades e habilidades para a procura de emprego. Cunha metodoloxía práctica e dinámica traballáronse coñecementos e destrezas para a mellora a súa empregabilidade. Os usuarios do servizo tamén tiveron a oportunidade de presentar ás empresas participantes que podían ser do seu interese o seu currículum e ampliaron os seus coñecementos sobre as demandas actuais nas empresas.

 

Alberto, Miguel e Vicente participaron como usuarios do SADOC en Talentia 2018.

 

 

Tags: SADOC, emprego

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información