• XSolidaria 2021 png

Noticias

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro

Participa no recibimento de Jon Karla no Obradoiro

Jon Karla Bilbao é socio de Atece-Araba (Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Álava) e xunto con Jorge chegarán á Praza do Obradoiro ás 11:30 deste sábado, 22 de xuño, logo de completar o Camiño de Santiago desde Roma. Foron máis de cen días de peregrinación para completar 2.723 quilómetros. O obxectivo de Jon Karla, cando comezou a camiñada, era o de dar visibilidade ao DCA e axudar á asociación Atece.

 

Esta non é a primeira vez que Jon Karla fai o Camiño de Santiago xa que o completou noutras oito ocasións pero nunca desde Roma. Cinco foron antes de ter o infarto que lle provocou, pola falta de osíxeno derivada da parada cardiorespiratoria, o dano cerebral adquirido. Despois diso prometeuse facelo el só e desde aquela xa o fixo tres veces.

 

 

Agora o reto é maior e irá a acompañado de Jorge Sergio Romero, un amigo arxentino que coñeceu precisamente no Camiño. Jon Karla quere dar a coñecer o dano cerebral adquirido, hoxe a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. As secuelas do DCA son moitas veces invisible e pouco recoñecibles como é no seu caso. El ten, sobre todo, problemas de memoria a curto prazo pero intactas as gañas de loitar como voluntario e membro da directiva de Atece a favor dos dereitos das persoas con DCA.

 

Recibimento no Obradoiro

 

Jon Karla e Jorge chegarán a Santiago o sábado 22 ás 11:30 da mañá, se non xorden imprevistos. Ese día Sarela e Atece-Araba estaremos na Praza do Obradoiro para recibilos como se merecen. Un grupo de socios/as e profesionais de Atece estarán eses días por Santiago para gozar duns días de descanso e o sábado irán ao Obradoiro para, despois de máis de catro meses, abrazar a Jon Karla e Jorge. Sarela tamén estará esa mañá no destino da peregrinación para compartir cos compañeiros de Araba un momento especial.

 

 

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar