Oferta de campamentos de verán para persoas con discapacidade

30/05/2015

O prazo de solicitude está aberto ata o 10 de xuño.

A Consellería de Traballo e Benestar acaba de facer pública a oferta de campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. O prazo de solicitude vai estar aberto ata o día 10 de xuño (incluído). A oferta está destinada a persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% que teñan entre 11 e 40 anos.
 
A duración dos campamentos é de 10 días. Hai dous destinos: o Albergue Xuvenil de Gandarío (en Bergondo) e a Residencia de Tempo Libre de Panxón (en Nigrán). Aínda que a oferta completa inclúe a persoas de entre 11 e 40 anos, está previsto que se dividan en grupos de 11 a 14, de 15 a 18, de 19 a 25 e de 26 a 40 anos. O prezo é igual para todas as modalidades: 125 euros. A oferta de datas segundo idades e ubicacións pode consultarse a continuación, ou descargando o folleto que está ao final:
 
Información campamentos de verán 2015.
 
Para solicitar praza hai que cubrir un documento oficial, que se debe presentar, xunto co informe médico, na Consellería de Traballo e Benestar, dirixidas á atención da Secretaría Xeral de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano, s/n - 15781 - Compostela). As persoas seleccionadas recibirán unha comunicación no prazo de dez días naturais.
 
A información completa sobre requisitos, obrigas, bonificación, tipo de servizo, etc., está no folleto editado pola Consellería de Traballo.
 
pdf
  • Folleto campamentos 2015
  • Folleto que recolle a información sobre a oferta de campamentos de verán para persoas con discapacidade 2015. Pode solicitarse praza ata o 10 de xuño.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Impreso solicitude campamentos 2015
  • Formulario a cubrir para formalizar a solicitude de praza nos campamentos de verán para persoas con discapacidade 2015. Poden presentarse ata o 10 de xuño.

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Informe médico campamentos 2015
  • Modelo de informe médico que debe acompañar o impreso de solicitude de praza nos campamentos de verán para persoas con discapacidade 2015. Poden presentarse ata o 10 de xuño.

  • Baixar ficheiro
Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información