O presidente da Deputación da Coruña visita mañá o centro

03/11/2014

Estarán representantes dos tres grupos municipais e da Consellería de Traballo.

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vai visitar mañá, martes 4 de novembro, as novas instalacións que Sarela vai inaugurar a finais de ano no barrio do Traspaxonal. A Xunta Directiva da asociación vai recibir a Diego Calvo para guialo nunha visita polo novo centro. Ao final do percorrido vaise destapar unha placa que certifica a colaboración da institución que preside coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela.

A Deputación da Coruña contribuíu con 250.000 euros á construción do centro e con 12.993 á dotación da sala multisensorial. Ademais, a institución colabora cada ano con Sarela no mantemento do centro de atención e rehabilitación de persoas con dano cerebral adquirido de Sarela.

Na visita tamén van estar presentes representantes da corporación municipal de Santiago de Compostela, dos tres grupos políticos do Concello, e da Consellería de Traballo e Benestar. Todos estes axentes contribuíron á xestación do proxecto do novo centro de Sarela, que tamén está financiado polo Ministerio de Sanidade grazas á colaboración que as persoas contribuíntes fan marcando o X Solidario nas súas declaracións da renda.

 

Categorías: Sarela
Tags: X Solidaria

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información