O espazo de Sarela noutras páxinas web

16/03/2015

A asociación ten perfís propios en federacións, institucións e directorios varios.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela colabora, e mesmo está integrada, en moitas outras agrupacións. Tamén colabora con institucións, directorios, guías de recursos... Que fan que teña moitos máis ocos en internet que a propia páxina web.

Sarela está integrada nas federacións galega e española de dano cerebral. Esta última, FEDACE, ten un amplo inventario de recursos de atención ao DCA no que figuran tanto a asociación como o seu centro de día. FEGADACE ten, pola súa banda, unha extensa ficha que recolle todos os servizos que presta Sarela.

O voluntariado tamén une a Sarela con outras entidades. Páxinas web de referencia para as persoas voluntarias como Voluntariado Galego ou como hacesfalta.org dedican un espazo propio a Sarela.

A nivel institucional, hai perfís de Sarela no portal Compostela Integra, que xestiona a concellaría de Benestar Social de Santiago, na páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dentro do directorio de asociacións, no Servicio de Información sobre la Discapacidad, dependente do Ministerio de Sanidade, ou na Guía da Comunicación que inclúe a páxina web da Xunta de Galicia.

Portais que reúnen mostras do tecido asociativo da discapacidade e da sanidade tamén prestan atención a Sarela. Socialia, o portal de Afundación, e Somos Pacientes, unha comunidade de asociacións de pacientes e con información médica, teñen cadanseu perfil da Asociación de Dano Cerebral de compostela. Mención especial merece Escolma Comunicación Local, un portal nacido para promover o consumo responsábel na comarca de Compostela e que dedica un perfil e un anaco da súa tenda online a Sarela.

 

Outras asociacións e entidades relacionadas co DCA citan a Sarela como unha entidade de referencia. O seu contacto aparece na páxina de Ateneu Castelló, Hiru Hamabi, e do Grupo de Asistencia y Recursos (GAR) do Hospital Beata Maria Ana.

 

Por último, a asociación ocupa un espazo que tamén resulta moi relevante en directorios telefónicos como as Páxinas Galegas, Empresas de Galicia e Xuntos.

 

Sarela agradece a todas estas entidades a súa colaboración coa causa do dano cerebral adquirido, axudando a ubicar a asociación de Compostela nun espazo de referencia para as familias e persoas que a precisan.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información