O cartel do Día do Dano Cerebral xa está na asociación

11/09/2014

Este é o primeiro ano no que haberá unha versión en galego.

Achégase o Día do Dano Cerebral, que o movemento asociativo conmemora cada 26 de outubro, e os carteis que edita a Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) xa están en Sarela. Ademais, FEDACE remitiu, por primeira vez, unha versión do cartel do Día do Dano Cerebral en galego.
 
O cartel do Día do Dano Cerebral é o resultado dun concurso de debuxo no que participan todas as asociacións de FEDACE e que este ano gañaron tres persoas usuarias de Renacer (a Asociación de Dano Cerebral de Ourense).
 
Sarela vai conmemorar o Día do Dano Cerebral asistindo ao III Foro de Familias de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), que se celebra en Santiago o 25 de outubro, e cunha sorpresa que presentará en breve.
 
    Cartel do Día do DCA 2014 Cartel do Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información