• XSolidaria 2021 png

Noticias

Nove rapaces con DCA aprenden a vivir outra vez nun piso

Nove rapaces con DCA aprenden a vivir outra vez nun piso

José Antonio, un fontaneiro que traballaba como autónomo, casado e con dúas fillas de 11 e 4 anos, sufriu en agosto do 2012 dano cerebral grave por mor dun ataque cardíaco mentres xogaba ao fútbol. El é unha das nove persoas con este problema de saúde, con idades entre 25 e 36 anos, que participan desde outubro no programa ‘Construíndo futuro’, da asociación de dano cerebral Sarela, para que recuperen a máxima autonomía e se integren social e, se é posible, tamén laboralmente.

 

Os nove acoden a un piso de Fontiñas. Alí ensínanlles actividades necesarias para vivir sos. As últimas semanas o empresario hosteleiro José Balboa impártelles un curso básico de cociña. Tamén aprenden a organizarse no fogar, xestionar o seu diñeiro, e outras cuestións que antes sabían, dificultadas polo deterioro do dano cerebral.

 

José Antonio quixo facer na súa casa unha instalación de fontanería, que antes do ataque cerebral era habitual e fácil para el, pero non puido: “esquecín moito, agora sinto moita limitación para a profesión, terei que buscar outra cousa”, afirma.

 

Ana Ruiz, terapeuta de Sarela, explica que tanto estas nove persoas como as súas familias teñen especial inquietude polo seu futuro: “todos superaron con éxito programas de rehabilitación, que xa non son suficientes para a súa situación; agora deben integrarse na vida real de novo, e quen teñen maiores secuelas de discapacidade teñen que adaptarse e buscar alternativas. Para iso hai que ofrecerlles os apoios que necesitan”, explica.

 

O cambio repentino na vida destes mozos “demostra que a discapacidade non é un problema persoal, senón social. Por iso non só se trata de construír futuro para eles, senón para a sociedade, que debe pensar en ter recursos para afrontar estas situacións”, agrega Ana. Son nove historia diferentes. Algún volveu traballar, ou conducir; exercer como voluntario no banco de alimentos; practicar deportes como fútbol ou golf; e a maioría están en proceso de procura de emprego. Carlos, 29 anos, afectado desde os 21, di que agora ten “todo o tempo ocupado”. Antes formouse para varias profesións, entre elas garda de seguridade, que agora non poderá exercer; pero busca outras opcións.

 

*Reportaxe de Joel Gómez publicada en La Voz de Galicia.

 

Categorías: Sarela

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar