Sarela ensaia a aplicación creada pola Fundación Vodafone, FEDACE e o CEADAC.
Sarela é unha das cinco asociacións integradas en
FEDACE que participan no proxecto piloto “
mFACILyTA para Dano Cerebral Adquirido”, en colaboración coa
Fundación Vodafone España e o Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (
CEADAC). “mFACILyTA” é unha plataforma desenvolvida pola Fundación Vodafone que serve para promover a autonomía persoal a través de apoios multimedia personalizados.
A función das entidades participantes xunto con Sarela neste proxecto piloto (Ateneo -Castelló-, ADACEN -Pamplona-, ATECEA -Zaragoza- e ADACCA -Cádiz-) é ensaiar funcionalidades da aplicación adaptadas ás persoas con dano cerebral adquirido.
Por exemplo, no caso de Sarela estase ensaiando “mFACILyTA” cunha persoa con DCA que acaba de incorporarse a un posto de traballo. Co apoio da profesional de referencia, está incluíndo na súa aplicación titoriais elaborados por el mesmo que lle serven para lembrar e interiorizar as súas funcións laborais.
“mFACILyTA” permite facer gravacións en vídeo, incluír fotografías, rexistrar audios... De maneira que a persoa con dano cerebral poida recibir un apoio nos procesos e actividades que debe desenvolver cada día, fomentando a súa autonomía persoal en diferentes ámbitos: fogar, lecer, laboral, rehabilitación e comunitario.
Hai máis información na páxina web de
FEDACE.