Memorias de 2013 das federacións de dano cerebral

13/06/2014

Sarela participa nas actividades e programas de FEDACE e FEGADACE.

As federacións de dano cerebral nas que Sarela está implicada, FEGADACE -a galega- e FEDACE -a española-, publicaron as súas memorias de actividades de 2013, nas os programas e actividades de Sarela tamén teñen un oco, en coordinación coas demais asociacións.
 
A Memoria de Actividades de FEGADACE comeza cun saúdo de José Balboa, presidente de Sarela e tamén da Federación Galega de Dano Cerebral. A directora de Sarela, Rocío García, comparece tamén na memoria como unha das responsábeis técnicas.
 
A continuación debúllanse os programas desenvolvidos pola Federación en 2014, nos que tamén participou Sarela: rehabilitación funcional e inserción social, mellora da funcionalidade para a autonomía e as actividades da vida diaria en persoas con DCA, hábitos de vida saudábel e prevención da dependencia en persoas con DCA, e 'Comunícate conTICs'. Profesionais, membros da xunta directiva, persoas usuarias e voluntarias de Sarela tamén participaron en actividades formativas, xornadas e outras xuntanzas interasociativas.
 
A Federación Galega de Dano Cerebral reúne un total de 1.268 familias socias, das que 768 persoas teñen dano cerebral adquirido. Na súa xunta directiva conta, como secretario, con José Balboa.
 
Pola súa parte, a Federación Española de Dano Cerebral contabiliza 9.295, persoas socias, das que 426 son de Sarela. A asociación de dano cerebral participou en 2013 no programa de información e apoio a familias, no de actividades físico-deportivas para menores con DCA, e no de centros de atención, a través do que FEDACE apoia o acondicionamento e mantemento destes espazos.
 
Profesionais de Sarela participaron asiduamente nas xuntanzas técnicas de FEDACE, colaborando na elaboración dos 'Cuadernos FEDACE'. Tamén asistiron a outras xornadas e eventos celebrados ao longo do ano pasado.
 
pdf
  • Memoria 2013 FEDACE
  • Memoria de Actividades de 2013 da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE).

  • Baixar ficheiro
pdf
  • Memoria 2013 FEGADACE
    • Memoria de Actividades de 2013 da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE).

  • Baixar ficheiro
Categorías: FEGADACE , FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información