Marea Branca para defender a sanidade pública

16/09/2015

Concentración o domingo 20 de setembro ás 12:30 na Praza do Toural.

A Praza do Toural, en Compostela, acolle este domingo a '4ª Marea Branca', unha concentración para defender a sanidade pública. A protesta está convocada pola Asociación de Pacientes e Usuarios/as do CHUS, da que fai parte Sarela, xunto coa Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública e o sindicato profesional SAGAP (Sindicato de Sanitarios Galegos Públicos).
 
Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!', a concentración suma diferentes reclamacións relacionadas co dereito á sanidade pública e coa loita contra as privatizacións. As reivindicacións son as seguintes:
 
  • Contra o peche de 1.200 camas.
  • Contra a privatización da sanidade.
  • Vacinas e mediciñas para todos xa!
  • Por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade.
 
A Marea Branca está convocada tamén na Coruña (Praza do Obelisco) e en Pontevedra (Praza da Peregrina), á mesma hora que en Santiago: 12:30 hh.
 
As entidades convocantes lembran tamén que esta mobilización repítese cada terceiro domingo de mes.
 
    4ª Marea Branca
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información