Manifesto do Día do DCA 2021 - "As persoas con dano cerebral necesitamos rehabilitación especializada. Mañá podes ser ti".

26/10/2021

Este é o manifesto que as 46 entidades que forman parte de FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) leron simultaneamente hoxe, 26 de outubro, con motivo do Día do Dano Cerebral. Nel resúmense as principais reivindicacións do movemento asociativo e que este ano se centraron na reclamación dunha rehabilitación especializada para todas as persoas con DCA. Tamén podes lelo en versión de lectura fácil.

 

DÍA NACIONAL DO DANO CEREBRAL, 26 DE OUTUBRO DE 2021

AS PERSOAS CON DANO CEREBRAL NECESITAMOS REHABILITACIÓN ESPECIALIZADA. MAÑÁ PODER SER TI.

Un ictus pode facer que dun segundo a outro esquezas o nome da túa filla; un traumatismo cranioencefálico pode ocasionar que non sexas capaz de atarte os zapatos; e un tumor no cerebro pode provocar que non saibas como relacionarte cos teus seres queridos. Son tres exemplos de como un Dano Cerebral pode cambiarche a vida de maneira súbita e inesperada, pasando de ser unha persoa autónoma a alguén con necesidades de apoio nos actos máis esenciais da vida. Esta perda de capacidades supón un gran pau non só para o medio millón de persoas con Dano Cerebral que vivimos en España, senón tamén para os nosos familiares e amigos.

Hoxe 26 de outubro, Día Nacional do Dano Cerebral, queremos expoñer a necesidade de que todas as persoas con Dano Cerebral poidamos acceder, desde o minuto cero, a unha rehabilitación específica e especializada; independentemente de onde vivamos, da idade que teñamos, das secuelas que nos quedaran, ou do diñeiro da nosa conta bancaria.

A  neurorrehabilitación é fundamental porque nos pode permitir recuperar a nosa antiga normalidade nas mellores condicións posibles. Que despois de ter un Dano Cerebral poidas coller o autobús, subir unhas escaleiras, ou acordarte de felicitar ao teu irmán polos seus aniversarios.

Para iso, debe existir unha coordinación sociosanitaria que, coa activación dun código “Dano Cerebral”, non se deteña tras recibir o alta hospitalaria. Agora isto non é así: agora a metade das familias e persoas con Dano Cerebral saen do hospital sen información sobre onde continuar a rehabilitación a partir dese momento. Quédalles por diante un labirinto de dúbidas e preocupacións no que a recuperación corre o risco de  estancarse ou mesmo de dar marcha atrás.

Por iso é necesario que haxa servizos de atención ao Dano Cerebral en todos os puntos do país: unha rehabilitación que chegue a todas as cidades e a todos os pobos. Actualmente, ante a escaseza e desigualdade territorial de recursos, boa parte das persoas con Dano Cerebral deben desprazarse fóra da súa localidade para ir ao centro de atención.

Por todo o exposto, desde a Federación Española de Dano Cerebral, que representa a 46 entidades e a máis de 11.000 persoas socias, reclamamos:

  1. Que se impulse unha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral que garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar a cada persoa con Dano Cerebral, independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia.
  2. Que se elabore un censo de persoas con Dano Cerebral para así poder dimensionar os recursos necesarios para a adecuada atención deste colectivo.
  3. Que se cre a categoría  diagnóstica “Dano Cerebral”, aplicable no momento do alta hospitalaria.
  4. Que se inclúa á familia como parte beneficiaria do proceso de atención, e non só como parte colaboradora; para que esta tamén reciba a información, formación e apoio psicolóxico que require durante todo o pr
  5. Que nos plans de atención sociosanitaria se teñan en conta as necesidades específicas das persoas con Dano Cerebral con maior vulnerabilidade, como son as persoas con dano cerebral severo, os menores con Dano Cerebral e as persoas con alteracións graves da conduta; así como das súas familias.
  6. Este 26 de outubro, Día nacional do Dano Cerebral,  as persoas con Dano Cerebral queremos que se escoite a nosa voz e que se atendan as nosas peticións. Necesitamos unha rehabilitación especializada que garanta a inclusión social e que axude a conseguir unha adecuada calidade de vida, xa que “unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.

 

Categorías: Sarela , Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información