A Lei de Dependencia creou a cuarta parte do emprego previsto

21/02/2014

Os axentes sociais calculaban 300.000 postos máis, e só se crearon 70.000 polos recortes e a desigualdade de aplicación entre comunidades.

Cando en 2007 entrou en vigor a Lei de Dependencia, os axentes sociais calcularon que se crearían uns 300.000 postos de traballo no sector. Un informe da Fundación Alternativas chegou a cifrar este potencial de emprego en 600.000 fai dous anos. En 2007 había uns 120.000 traballadores acreditados no coidado de dependentes; hoxe son apenas 190.000. O incremento foi xa que logo de 70.000 empregos: menos da metade do previsto. Así o expuxeron este xoves os principais sindicatos e patronais do sector sociosanitario durante a presentación do Observatorio da Dependencia.

 

Segundo os sindicatos, o sector de coidados é un dos que menos destrución de emprego sufriu. "Non podemos saber as cifras con exactitude, porque a EPA cifra o sector sanitario e o sociosanitario xuntos. En total perdéronse uns 70.000 empregos, pero a maioría son sanitarios", explica Antonio Cabrera, secretario xeral da Federación de Sanidade e Sociosanitarios de CC OO. En lugar diso, nos coidados a dependentes "está habendo moitas baixas salariais e incremento de xornadas". O emprego garánteo unha norma estatal, incluída na Lei de Dependencia, que esixe ás comunidades autónomas establecer unha ratio de dependentes por cuidadores. Nalgunhas rexións si se destruíu emprego no sector, como en Castela-A Mancha en 2012. En Andalucía, a principios deste ano, o Goberno rexional tratou de cambiar a norma para reducir o emprego pero trala presión sindical abandonou a iniciativa, segundo CC OO.

 

Por que non se creou este traballo? A aplicación da lei foi desigual xa que un gran número de competencias recae nos Gobernos autonómicos. José Manuel Ramírez Navarro, presidente da Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, critica a "desidia" dalgunhas comunidades autónomas no desenvolvemento da lei (como Canarias, Baleares ou a Comunidade Valenciana). "En Valencia só o 0,5% da poboación é beneficiaria, mentres que noutras comunidades é o 2%". Os Gobernos rexionais tamén teñen ratios distintas de traballadores por persoa dependente. A comunidade con máis traballadores sociosanitarios é Andalucía, xa que ten unha proporción de 0,5 empregados por paciente, segundo CC OO.

 

Ademais, "moitas persoas optaron pola prestación económica pola actual crise. Co 50% do orzamento de Dependencia aténdese aproximadamente ao 16% dos dependentes. Hai un problema de orzamento", engade Ramírez. A isto hai que sumarlle os recortes de orzamento: entre 2012 e 2013 o orzamento de Dependencia caeu en 200 millóns de euros e quedouse en 1.087 millóns."Non son medidas economicamente sustentábeis. Nós calculamos que cada millón de euros xera 30 postos de traballo; cada traballadora xera un 40% de ingresos a través do seu cotización á Seguridade Social, o IRPF e o IVA", defende Ramírez.

 

Actualmente en España hai 189.427 persoas con dereito a asistencia que non teñen acceso ás prestacións, na lista de espera do Ministerio de Sanidade. O envellecemento da poboación agravará a longo prazo as listas de espera. "Xa hai dous millóns de persoas maiores de 80 anos, que serán 6 millóns en 2050. A porcentaxe de maiores de 65 duplicarase", explica José María Gallardo, secretario xeral da patronal Lares. En xaneiro de 2014 había 16.002 beneficiarios máis que en decembro de 2011 (alcanzou os 754.589 beneficiarios), pero o Executivo conxelou o orzamento en 2013 para este ano.

 

Ao non traducirse en emprego, a carga de traballo recae sobre as mulleres da familia, que ademais carecen de preparación profesional. Os axentes sociais reclamaron este mércores que sexan profesionais quen se encarguen do coidado dos dependentes e que se fomente o emprego feminino. "As mellores políticas de igualdade son as políticas sociais", afirma Ramírez, da asociación de directores de servizos sociais, que desde 2007 leva un Observatorio da Dependencia propio.

 

"Queremos facer un traballo de concienciación, para que a xente saiba que ten dereito a atención profesional", explica Cabrera, de CC OO. Para que a Administración proporcione coidadores profesionais a todos os que o necesiten, a patronal e os sindicatos firmantes do VI Convenio da Dependencia formarán un observatorio que pretende levar a conta de prazas dispoñibles e sen cubrir, datos de emprego no sector e cualificacións. Os firmantes son as seccións sindicais de saúde e sociosanitarios de UGT e CC OO, xunto con tres das principais asociacións patronaos do sector -a Federación Empresarial da Depenencia (FED), Asociación de Empresas de Servizos para a Dependencia (AESTE) e a Federación de Residencias e Servizos de Atención aos Maiores (Lares)-. Publicarán un informe semestral.

 

*Información extraída de El País.

*Fotografía de Universidad Pablo de Olavide con licenza CC BY-NC-ND 2.0.

 

Categorías: Dependencia
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información