Informe sobre dereitos das persoas con discapacidade intelectual

05/02/2014

Elaborado polo Valedor do Pobo.

A atención preferente ás persoas con parálise cerebral, síndrome de Down, autismo ou calquera outra discapacidade de tipo intelectual resulta unha obrigación constitucional dos poderes públicos. Desde hai tempo nas diferentes actividades que desenvolve o Valedor do Pobo, en especial Informes que dirixe ao Parlamento de Galicia, destaca a necesidade de mellorar determinados aspectos da atención ás persoas con discapacidade intelectual.

 

Malia os avances na afirmación dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e na súa aplicación en todas as ordes, aínda hoxe se percíbe que as persoas que conforman este colectivo son intensamente vulnerables e permanece o risco de marxinación, segregación, discriminación ou falta de atención ou apoios adecuados, polo que segue sendo moi necesario que os poderes públicos consideren como unha das súas prioridades todo o concernente á garantía dos dereitos destas persoas.

 

A adecuada atención ás políticas públicas para facer efectivos os dereitos das persoas con discapacidade intelectual é unha obriga de primeira orde constitucional. O artigo 49 da Constitución Española preceptúa que os poderes públicos realizarán unha política de prevención, tratamento, rehabilitación e integración destas persoas, as que prestarán a atención especializada que requiran, e ampararanos especialmente para que gocen dos dereitos que o Título I outorga a todos os cidadáns. Os poderes públicos teñen a obrigación principal de recoñecer, respectar e protexer os citados dereitos, segundo o establecido no artigo 53 do mesmo Texto Fundamental.

 

Da mesma forma, a normativa internacional asumida por España como propia (artigo 96 CE) recoñece dereitos e desenvolve obrigacións que vinculan a todos os poderes públicos españois, tanto ás administracións estatal, autonómica e local coma os órganos xurisdicionais; destacan a Declaración Universal de Dereitos Humans e a Convención Internacional de Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

O presente Informe Extraordinario pretende ser unha reflexión global sobre as situacións que ás veces padecen de forma inxusta as persoas con discapacidade intelectual e que algunhas delas seguen pendentes de solución en todo ou en parte.

 

Desde o Valedor do Pobo analizáronse as diversas etapas e os distintos tipos de trabas nos que se atopa este colectivo. Así, abórdanse os dereitos políticos e civís, os dereitos dos menores, os da muller, o dereito a unha atención temperá, o dereito ao traballo, a atención á dependencia e a cuestión da mobilidade entre outros.

 

O Alto Comisionado parlamentario, José Julio Fernández, conclúe no Informe que se teña presente que as circunstancias das persoas con discapacidade intelectual afectan aos seus dereitos humanos, polo que as políticas públicas que se dirixan a elas débense adoptar de acordo co principio de prioridade, de tal xeito que se persiga o obxectivo de eliminar ou paliar os seus obstáculos mediante a análise e axudas individuais que permitan alcanzar a realización dos seus dereitos e o progreso dos aspectos fundamentais da súa vida.

 

*O informe pode descargarse aquí.

 

*Información extraída da páxina web do Valedor do Pobo. A fotografía é unha captura da portada do informe.

 

Categorías: Discapacidade , Dependencia
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información