Imaxe candidata ao concurso do Colexio de Logopedas

09/03/2015

O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG) organizou, con motivo do Día Europeo da Logopedia (6 de marzo), un concurso de fotografía dedicado ao dano cerebral adquirido.

O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLG) organizou, con motivo do Día Europeo da Logopedia (6 de marzo), un concurso de fotografía dedicado ao dano cerebral adquirido. Baixo o lema 'De repente... sen palabras', o CPLG chamaba a retratar como afecta o dano cerebral ás capacidades comunicativas e a visibilizar o DCA.
 
Sarela participou no concurso enviando unha fotografía que transmite o que sente unha persoa con dano cerebral adquirido que ten problemas de comprensión do discurso oral. Estas persoas senten os sons e ruídos, pero non son quen de diferenciar o que significan; de aí a explicación da fotografía, na que unha persoa escoita falar en diferentes idiomas que lle son alleos e non entende o que lle din.
 
Sarela quere dar os parabéns ás persoas premiadas e agradecer ao Colexio de Logopedas que tivera en conta o dano cerebral adquirido para a conmemoración do Día da Logopedia de 2015.
 
    Concurso do CPLG (Categoría: Asociacións) Concurso do CPLG (Categoría: Logopedas)
Tags: logopedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información