Horarios adaptados para orientarse polas actividades

13/07/2015

Cada persoa usuaria ten unha táboa co tamaño, letra e pictogramas necesarios para se mover con autonomía polo centro.

A primeira actividade do día no centro de día de Sarela é a de orientación e actualidade. A medida que van chegando, as persoas usuarias sitúanse nunha das salas, consultan os seus horarios e ven como teñen programado o día. Despois pasan un rato comentando as noticias de actualidade.
 
Cada persoa ten un cadro coa súa planificación semanal de actividades que lle serve para orientarse no día a día. Estas actividades establécense de acordo cos obxectivos que cada persoa debe traballar durante o ano. A logopeda elabora os horarios, e axuda a cada usuario ou usuaria a adaptar o soporte ás súas necesidades.
 
Hai horarios que incluén texto e imaxes (pictogramas, fotografías, etc.). A causa é que a persoa propietaria le de maneira global, o que implica que é quen de ler palabras coñecidas, pero non calquera texto. Coa axuda do velcro, etiquetas de texto e pictogramas únense á base, na que están delimitadas as pausas e horas de entrada e saída.
 
Todos están plastificados para que o seu manexo sexa sinxelo no caso de persoas que teñen danada a motricidade fina.
 
Para persoas que non saben ler, o horario adáptase coa axuda de pictogramas ou imaxes. O seu tamaño é moi grande se a persoa ten dificultades de visión, e prégase para que sexa doado gardalo. Todas as actividades están expresadas a través de imaxes unidas ao soporte con velcro.
 
Hai usuarios e usuarias que poden facer por si mesmas o seu horario. Nese caso, a intervención da logopeda é mínima, favorecendo que sexa a persoa con DCA quen o elabora.
 
As persoas que poden ler teñen horarios escritos. Aínda así, todos eles son de distintos tamaños, dependendo da capacidade de visión que teña cada persoa. 
 
    Horarios adaptados Horario adaptado Horario adaptado Horario adaptado Horario adaptado Horarios adaptados
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información