Guías de atención á fatiga e á comunicación no DCA

13/04/2015

Publicadas polo Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC).

O Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC) leva publicadas, en 2015, dúas novas guías de atención ao DCA.
 
A máis recente, publicada esta semana, titúlase La fatiga mental y física tras el DCA: pautas para su detección y autorregulación. Está destinada ás persoas con dano cerebral e foi ideada para axudar a recoñecer e graduar os signos de fatiga a través das cores do semáforo. Inclúe, nas súas oito páxinas, algunhas pautas para autorregularse e previr o seu aumento de intensidade e frecuencia.
 
O CEADAC tamén editou, destinada a familiares, a guía Comprender la afasia y algunos problemas cognitivos. Trátase dun pequeno folleto que en catro páxinas trata de facilitar a resolución dos problemas de comunicación que poden ter algunhas persoas con DCA, en torno á seguinte máxima: "asegúrate de que te entendeu, ou que comprendeches o que che quixo dicir".
 
Na páxina web de Sarela hai un apartado de recomendacións para as diferentes fases do dano cerebral adquirido na que tamén se poden atopar varias guías de atención ao DCA desde diferentes puntos de vista e disciplinas.
 
Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información