Guía para previr os riscos específicos de ictus en mulleres

10/02/2014

Ocasionados polas hormonas, o embarazo e outras cuestións relacionadas co sexo.

As mulleres comparten cos homes moitos dos riscos que poden acabar nun accidente cerebrovascular, pero ademais hai que engadir outros ocasionados polas hormonas, o embarazo e outras cuestións relacionadas co sexo, sinala a neuróloga estadounidense Cheryl Bushnell. Esta experta é coautora dunha guía para previr o ictus en mulleres, que se publicou na revista Stroke.

 

A revista Stroke, da American Heart Association, publicou a primeira guía de científica para axudar ás mulleres a previr os accidentes cerebrovasculares ou ictus.

 

"Se es muller, compartes cos homes moitos dos riscos que conducen a un accidente cerebrovascular, pero ademais hai que sumar os ocasionados polas hormonas, a saúde reproductiva, o embarazo, o parto e outros factores relacionados co sexo", di Cheryl Bushnell, profesora de investigación en neuroloxía, directora do Stroke Center en Winston-Salem (Carolina do Norte, EE UU), e autora principal da guía.

 

O documento inclúe unha serie de recomendacións con base científica sobre o mellor xeito de abordar os problemas que poden provocar ictus en mulleres, sinala a experta.

 

Entre estes consellos, Bushnell destaca que as mulleres cun historial de presión arterial alta antes do embarazo deberán ser tratadas con baixas doses de aspirina que pode combinarse cunha terapia de suplementos de calcio para reducir o risco de preeclampsia.

 

Tamén advirte que as mulleres que teñen preeclampsia teñen o dobre de posibilidades de sufrir un accidente cerebrovascular e un risco catro veces maior de ter a presión arterial alta no futuro.

 

"Polo tanto, a preeclampsia debe ser recoñecida como un perigo ata despois do embarazo, e factores como o tabaquismo, o colesterol alto e a obesidade nestas mulleres deben ser afrontados canto antes", engade.

 

Píldora

 

Outra das recomendacións que contén a guía é que as mulleres deben someterse a exame de presión arterial antes de tomar a píldora anticonceptiva, debido a que a combinación aumenta a posibilidade de sufrir un ictus.

 

Busnell indica ademais que as mulleres que padecen migraña con aura deben evitar fumar para mitigar os posibles efectos, e que as maiores de 75 anos deben someterse análises de riscos de fibrilación auricular, debido áo súa vinculación cos accidentes cerebrovasculares.

 

Outro factor ter en conta na guía é o estrés emocional, que, segundo a autora, ten maior incidencia en mulleres.

 

A neuróloga conclúe que son necesarios máis estudos para identificar os riscos específicos que conducen aos accidentes cerebrovasculares en mulleres.

 

As recomendacións elaboradas irán en principio dirixidas ao persoal médico de atención primaria.

 

*Información e imaxe extraídas de Agencia SINC.

 

Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información