Guía 2016 de axudas e servizos para familias

19/04/2016

Publicada polo Ministerio de Sanidade, contén información útil sobre prestacións, beneficios e servizos.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a "Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias", co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.

 

A edición actualizada para 2016 recolle as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación e vivenda, entre outros. Tamén facilita as direccións e enlaces dos organismos autonómicos competentes e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias para poder ampliar a información sobre as axudas existentes nas cidades e comunidades autónomas.

 

O ámbito da discapacidade é transversal en toda a guía e hai información sobre prestacións e axudas en ámbitos como os permisos por maternidade e parternidade, achegas económicas por nacemento, fillo ou menor ao cargo, información fiscal etc. O apartado VIII está dedicado a axudas para familias con persoas en situación de dependencia e recolle as prestacións para persoas coidadoras e para as propias persoas con discapacidade.

 

Accede á Guía de axudas e servizo para familias 2016 (web do Ministerio de Sanidade) ou descárgaa no arquivo que está ao final da noticia.

 

 

pdf
  • Guía 2016 de axudas sociais e servizos para familias. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
  • Baixar ficheiro
Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información